Home Vigo Mos Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura...

Mos, pioneiro en iniciativas culturais co seu novo Plan Estratéxico de Cultura 2025/2028

- Anuncio -

–          Trátase dun documento singular e insólito en municipios de 15.000 habitantes como o mosense

–          O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que supoñen unha media de 9 por cada unha das dez parroquias

–          O Concello sustenta o plan en 8 pilares entre os que se atopan a Festa da Rosa, o Camiño de Santiago, a Asociación Galega Residentes de Mos en Bos Aires e os activos humanos e patrimoniais da localidade (nos que se quere por en valor aos profesionais do sector da cultura e o enorme patrimonio histórico, arquitectónico, entnográfico e arqueolóxico mosense)

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, xunto coa concelleira de Cultura, Sara Cebreiro, e o docente de marketing do Obradoiro de Emprego Queda en Mos II, Darío Costas Rodal, realizaron no Multiusos das Pozas a presentación do Plan Estratéxico de Cultura de Mos 2025/2028 ante unha nutrida representación do tecido asociativo cultural mosense. O tecido asociativo cultural de Mos é vastísimo, cun total de 93 asociacións e grupos, que supoñen unha media de 9 por cada unha das dez parroquias.

As representantes municipais, a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, e a edil de Cultura, Sara Cebreiro, informaron sobre o documento que “terá unha vixencia de 4 anos e a súa redacción foi contratada a unha empresa especializada en programación cultural”. “Trátase do primeiro Plan Estratéxico de Cultura de Mos e dunha iniciativa pioneira en Galicia, pois non temos constacia de concellos galegos de 15.000 habitantes que conten cun Plan Municipal de Cultura”, explicaron Arévalo e Cebreiro, quenes tamén apuntaron que “se trata dun documento vivo no que recollemos a opinión das asociacións mediante enquisa anónima”.

Durante a reunión de onte entre asociacións e goberno local, estableceuse un debate moi enriquecedor durante o que tamén se recolleron suxerencias aportadas polos asistentes na xuntanza, que se incluirán no documento, tales como a necesidade dunha liña de axudas para o mantemento e mellora dos locais culturais mosenses, na que se traballará de cara a súa posta en marcha.

O Plan Estratéxico de Cultura de Mos 2025/2028 está fundamentado e estructurado en 8 pilares básicos: aumentar a promoción da cultura e identidade local asociadas á Festa da Rosa, fomentar a profesionalidade, visibilidade, mobilidade e difusión dos profesionais das artes escénicas e a música, aproveitamento dos espazos de cultura do concello de mos como punto de creación, encontro e participación da cidadanía; participación e colaboración da administración pública e os diferentes colectivos en actividades transversais, aumentar a promoción da cultura relacionada co Camiño de Santiago, fortalecemento da produción local das artes escénicas e mellora de espazos para o seu Desenvolvemento; protección, promoción, rehabilitación, difusión e actividades de exposición e museísticas do patrimonio cultural e arqueolóxico; e fortalecemento das relacións institucionais coa emigración galega fundamentalmente a través da coñecida como undécima parroquia mosense: a Asociación Galega de Residentes de Mos en Bos Aires. O documento inclúe, en cada un dos 8 bloques, as pautas a realizar durante os 4 anos de vixencia e unha análise Dafo (debilidades-amenazas-fortalezas-oportunidades) no ámbito cultural mosense. Alcaldesa e concelleira de Cultura concluíron que “os 3 aspectos e ou obxectivos máis importantes do Plan Estratéxico son fortalecer aínda máis o Plan Cultural e crear unha liña nova do devandito Plan Cultural para apoiar aos grupos na mobilidade e desprazamentos para actuacións dentro e fóra de Galicia, así como a creación de medidas para evitar o solapamento de actividades entre asociacións e Concello”.

Relacionadas

A vicepresidenta Luisa Sánchez fai entrega de agasallos á campaña “Cada niño un juguete”

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, visitou hoxe o local que a campaña solidaria “Cada niño un juguete” ten na rúa García...

A Deputación organiza esta fin de semana tres novas saídas ao abeiro do programa...

0
200 veciños e veciñas de Vilanova de Arousa, A Lama e Cambados desfrutarán de recursos de interese turístico da provincia como Meirande, a cidade...

Cunca e nécora ofrece no Nadal as mellores rutas con degustación de Pontevedra

0
A concellaría de Promoción Económica que dirixe Anabel Gulías recupera neste mes de Nadal os roteiros  cunca e nécora para amosar a cidade dende...

O Concello de Nigrán celebra o ‘Día Internacional da Discapacidade’ cunha chocolatada no Pavillón...

0
Un total de 14 colexios participaron no acto, que incluíu a lectura dun manifesto, a realización dun mural por cada centro educativo e, finalmente,...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á preestrea en Pontevedra da segunda parte da serie...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, asistiu este martes no Liceo Casino de Pontevedra á...

Tui aposta pola eficiencia enerxética renovando as luminarias dos accesos á cidade

0
Co cambio a led deixaranse de emitir 51,46 toneladas de CO2 O Concello de Tui vai proceder ao cambio das luminarias dos accesos á cidade...

Publicacións Relacionadas