Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional Cabalgata
As propostas inclúen un Mercado de Nadal no Parque de San Lázaro, un Poboado en Bispo Cesáreo, e atraccións infantís no Posío, ademais do tradicional belén da Praza de San Cosmede, a carroza musical, a neve e diferentes espectáculos no Auditorio
O Concello de Ourense fixo pública esta mañá a programación de actividades que organizará na cidade con motivo da celebración do Nadal 2024/2025, cunha morea de propostas para todos os públicos. O acendido da iluminación de Nadal, cunha actuación musical, será este xoves, 5 de decembro, ás 20.00h o inicio dunha ampla axenda de lecer, que inclúe tamén un Mercado de Nadal no Parque de San Lázaro, un Poboado en Bispo Cesáreo, atraccións infantís no Xardín do Posío, o belén municipal de Arturo Baltar na Praza de San Cosmede, a carroza musical, os espectáculos de neve, así como diferentes actividades no Auditorio municipal.
Dúas das citas máis destacadas serán un ano máis a visita á cidade de Papá Noel cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e dos Reis Magos o día 5 de xaneiro na tradicional Cabalgata. Papá Noel tamén recibirá a rapazada no Auditorio, cun espectáculo de Pablo Méndez (o día 23 de decembro) e en Bispo Cesáreo os días 22, 23 e 24. A programación de Nadal inclúe tamén a tradicional Festa de Fin de Ano, coa orquestra París de Noia na rúa do Progreso e o Concerto de Aninovo de Rubén Simeó, no Auditorio municipal.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES DE NADAL 2024/2025
Xoves, 5 de decembro
ACENDIDO DAS LUCES DE NADAL
20.00 horas. Alameda,
Actuación musical de Trío Somoza, de 19.00 a 19.55 h, acendido das luces a cargo da Asociación de Persoas Xordas de Ourense ás 20.00 horas, e máis música co Trío Somoza até as 21.00 h
MERCADO DE NADAL no Parque de San Lázaro (Até o 7 de xaneiro)
11:00 h – 14:00 h e de 17:00 h – 22:00 h (25 dec. e 1 xan. 17:00 a 22:00)
Animacións e obradoiros infantís polas tardes.
Sábado, 7 de decembro
“MUSICAL DE LOS 80S Y 90S RUMBO A LOS 2000”
21.00 h, Auditorio. Entradas desde 15,60 € á venda en www.ataquilla.com
FESTA DE NADAL COLOMBIANA, Xardín do Posío
Venres, 13 de decembro
POBOADO DE NADAL (Do 13 de decembro ao 6 de xaneiro), en Bispo Cesáreo
PHOTOCALL (Do 13 de decembro ao 6 de xaneiro) Varias localizacións
NEVE, ás 19.00 h na Praza Maior
BALLET DE KIEV: “CASCANUECES”
20:30 h, Auditorio. Entradas desde 28,68 € á venda en www.ataquilla.com
Sábado, 14 de decembro
NEVE. 19.00 h, Praza Maior
Luns, 16 de decembro
ATRACCIÓN INFANTÍS (Do 16 de decembro ao 6 de xaneiro). Xardín do Posio
Venres, 20 de decembro
CARRUSEL (Do 20 de decembro ao 4 de xaneiro). Praza Maior
11:30 h – 14:00 h e de 16:30 h – 20:30 h (os días 25 e 1 abrirá ás 17.00h)
NEVE en Bispo Cesáreo. 19.00 h
CARROZA MUSICAL 19:00 h a 21:00 h
ESFÍNTER 4, con Rober Bodegas, Javier Veiga e David Amor
20:30 h, Auditorio. Entradas desde 19,80 € á venda en www.ataquilla.com
Sábado , 21 de decembro
VISITA DO SÉQUITO DE PAPÁ NOEL COS RENOS
19:00 h Desde a Torre de Ourense até a Praza Maior
Domingo, 22 de decembro
RECEPCIÓN DE PAPÁ NOEL. Bispo Cesáreo. 18.00 h a 21.00 h
DJ TIBU (Animación infantil) 18:00 h, Praza Maior
NEVE. 19.00 h en Bispo Cesáreo e CARROZA MUSICAL De 19:00 h a 21:00 h
Luns, 23 de decembro
PAPÁ NOEL de Pablo Méndez
17.00 h, 18.15 h e 19.30 h, Auditorio. Entradas a 5 € á venda en www.ataquilla.com
RECEPCIÓN DE PAPÁ NOEL. Bispo Cesáreo. 18.00 h a 21.00 h
NEVE. 19.00 h, Bispo Cesáreo
Martes, 24 de decembro
CARROZA MUSICAL. De 12:00 h a 14:00 h
RECEPCIÓN DE PAPÁ NOEL. Bispo Cesáreo. 18.00 h a 21.00 h
Xoves, 26 de decembro
CARROZA MUSICAL. De 19:00 h a 21:00 h
Venres, 27 de decembro
NEVE. 19.00 h na Praza Maior
Sábado, 28 de decembro
NEVE 19.00 h na Praza Maior
CARROZA MUSICAL De 19:00 h a 21:00 h
Domingo 29 de decembro
PERSEIDAS. De Pablo Méndez
19.00 h, Auditorio. Entradas (10 € anfiteatro, 12 € platea lateral, 15 € platea central) Á venda en www.ataquilla.com
Luns , 30 de decembro
CARROZA MUSICAL. De 19:00 h a 21:00 h
Martes, 31 de decembro
CARREIRA DE SAN SILVESTRE OURENSÁ. Pola tarde
Mércores, 1 de xaneiro
CARREIRA DA COSTIÑA DE CANEDO. Pola mañá
FESTA DE FIN DE ANO E ANINOVO: Paris de Noia
1.00 h, rúa Progreso
GRAN CONCERTO DE ANINOVO BY RUBEN SIMEÓ
19.00 h, Auditorio. Entradas desde 13,60 € en www.ataquilla.com
Venres, 3 de xaneiro
NEVE ás 19.00 h na Praza Maior
CARROZA MUSICAL. De 19:00 h a 21:00 h
Sabado, 4 de xaneiro
NEVE 19.00 h na Praza Maior
VIII GALICIA MAGIC FEST
18:00 e 20.30 h no Auditorio. Entradas desde 19,80 € en www.ataquilla.com
Venres, 5 de xaneiro
CABALGATA DE REIS colabora a Asociación de Belenistas
17:30 h Chegada das súas maxestades
Percorrido: Estación do AVE, Eulogio Gómez Franqueira, Avenida das Caldas, Ponte Romana, Progreso, Dr. Marañón e Praza Maior
BELÉN DE ARTURO BALTAR
Do 16 de decembro ata o 6 de xaneiro.
Laborais e festivos: 11:00 h a 14:00 h e de 17:00 h a 20:00 h (agás os días 25, 1 e 6 que abrirá só de tarde).
Lugar: Espazo expositivo Arturo Baltar, Praza de San Cosme e San Damián