Home Xunta de Galicia A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€...

A Xunta impulsa a madeira na construcción con máis de 12 M€ en axudas entre 2024 e 2025

- Anuncio -

— O director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, participa na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para a edificación sustentable do futuro na Biblioteca do Concello da Veiga (Ourense)


— Destaca o compromiso do Goberno galego cun sector estratéxico coma o madeireiro-forestal con diferentes axudas para impulsar a construción con madeira


— Subliña o obxectivo de que o 20 % das edificacións da Administración pública galega empregue este elemento e os acordos de colaboración entre organismos para acadalo

O potencial da madeira como material de construción é unha realidade e, por iso, o Goberno galego impulsa a súa presenza nas edificacións, tanto públicas como privadas, con axudas por valor de 12,8 millóns de euros. Así o destacou o director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Jacobo Aboal, durante a súa intervención na I Mesa da Madeira: A construción en madeira para a edificación sustentable do futuro.

O director da XERA, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou na mesa redonda celebrada na Biblioteca do Concello da Veiga (Ourense), que reuniu a destacados profesionais do sector para analizar o rol que debe xogar a madeira no desenvolvemento tanto dos ámbitos rurais como urbanos. Alí subliñou o compromiso da Xunta cun sector estratéxico coma o madeireiro-forestal con axudas e acordos para impulsar a madeira na construción.

Nesta liña, o Goberno galego establece o obxectivo de que, progresivamente, o 20 % das edificacións da Administración pública galega empreguen madeira na súa estrutura. Para acadar este obxectivo, subliñou Aboal, asináronse acordos de colaboración entre organismos públicos coma o subscrito entre a XERA e o Sergas ou a Axencia Galega de Infraestruturas para que se incorpore na medida do posible o uso da madeira nos proxectos promovidos e/ou executados.

Máis de 12 millóns de euros en axudas
No sector privado, o director da XERA salientou as axudas publicadas pola Consellería de Economía e Industria, que suman máis de 12 M€ entre o presente ano e o vindeiro 2025. Entre elas, destacou as axudas de 3 millóns de euros para a realización de proxectos que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais ou as axudas para investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cun orzamento de 5 millóns de euros.

Por engadido, a XERA tamén impulsou axudas para a valorización das pemes da primeira e segunda transformación da madeira e do segmento do contract ligadas á cadea monte-industria cun valor de 4 millóns de euros; así como as dirixidas á organización de actividades formativas non regradas que impulsen o coñecemento e a competitividade da industria forestal-madeira de Galicia, que contará con 800.000 euros de orzamento.

Relacionadas

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego a unha trintena de concellos

0
— O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presenta a programación para a época festiva con actividades que inclúen teatro, música, maxia ou monicreques —...

As axudas da Xunta para mellorar a imaxe exterior de vivendas, edificios municipais e...

0
— Ángeles Vázquez explica que as entidades locais poden optar a axudas por importe máximo de 40.000 € e os propietarios particulares, a incentivos...

A Xunta avoga pola colaboración cos axentes privados para potenciar a eficacia do Servizo...

0
O obxectivo da reunión de hoxe coas ETT é que coñezan as potencialidades deste software pioneiro, recoñecido pola Comisión Europea e dispoñible nas 54...

A Xunta incide no compromiso co fortalecemento do emprego de calidade avogando polo diálogo...

0
José González manifestou a preocupación polo futuro dos traballadores afectados en Galicia e reclamou unha maior información por parte do Goberno central, quen ten...

Ángeles Vázquez avoga por promover a participación xuvenil na gobernanza das reservas de biosfera

0
Fai fincapé na necesidade de implicar á xuventude no desenvolvemento de iniciativas e actuacións que contribúan a garantir a conservación da biodiversidade A conselleira de...

A Xunta leva investidos nos últimos anos cas 190M€ no funcionamento, o equipamento e...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes destacou que a Xunta tamén mantén actualizados todos os protocolos e plans de actualización e organiza de...

Publicacións Relacionadas