Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación facilitará a compra online de libros do seu catálogo editorial,...

A Deputación facilitará a compra online de libros do seu catálogo editorial, con traballos de interese para a provincia

- Anuncio -

A institución provincial facilitará unha nova canle para acceder aos case 600 títulos que ten editados e que reflicten a realidade ourensá no seu sentido máis amplo

O repositorio permite acceder a diversas categorías, como a provincia en imaxes, personaxes de Ourense ou patrimonio, entre outras

A Deputación de Ourense, na súa aposta pola cultura, traballa na posta en marcha dunha páxina web renovada onde se poderá atopar o catálogo editorial da institución, que recolle todo o que publicou ata o momento a Deputación. Trátase dunha nova ferramenta que facilitará o acceso a obras científicas, artísticas, literarias ou musicais, tanto de autores ourensáns como de outros divulgadores da realidade de Ourense.

A Deputación ten editados case 600 títulos, que reflicten o importante esforzo que o organismo provincial dedica a este tipo de difusión. A web pretende facilitar a compra online destas obras, que ata agora se podían mercar a través de librarías ou da propia oficina de Publicacións.

Na web pódese consultar o catálogo editorial de diferente formas: por palabras chave, por autor, título ou ano de publicación. Ademais, pódese acceder a diferentes categorías ou temas aos que se refiren as publicacións, como a provincia en imaxes, biografías e personaxes de Ourense, compilacións de artigos publicados en prensa, emigración, patrimonio ou termalismo.

Obxectivo de dar cabida a traballos inéditos

Ademais, tamén poden consultar as revistas editadas pola Deputación e tamén outras que, sen ser editadas pola institución provincial, pertencen a entidades sen ánimo de lucro que deron autorización para que se poda acceder a elas dende a web da Deputación.

“Pretendemos que, nun futuro, esta páxina sirva tamén de repositorio no que teñan cabida traballos inéditos de interese para a nosa provincia cuxos autores busquen unha difusión dixital”, engade Ana Malingre, responsable da Sección Arquivo e Publicacións da Deputación.

Outra das novidades nas que se traballa é na posibilidade de que os autores, cuxas obras estean esgotadas, dean o seu consentimento para dixitalizar os seus traballos en PDF e poñelos dispoñibles nesa nova páxina web.

Un servizo con historia

A Deputación comezou a publicar en 1976, a través do “Instituto de Estudios Orensanos Padre Feijoo”, cuxos fins eran realizar, promover, subvencionar e coordinar as investigacións e estudos de natureza científica, histórica, literaria e artística referida á provincia ou rexión que redundasen no prestixio e honra de Ourense e asesorar á Deputación en materia cultural.

Disolto o instituto, creouse o Servizo de Publicacións. Hoxe, existe un Negociado, dependente da Sección de Arquivo e Publicacións, desde o que a institución continúa co mesmo obxectivo, afanándose en profundar no coñecemento da provincia.

Cada ano, elaborase dende a Deputación de Ourense un Plan de publicacións e tamén se pon en marcha un concurso, para elixir as obras que se publicarán ao longo do exercicio.

Todos os títulos editados pola institución chegan de forma gratuíta á rede de bibliotecas públicas da provincia, ás máis importantes do resto de Galicia e a calquera outro punto de lectura que o solicite.

Esta nova canle permitirá achegar aínda máis a cultura aos cidadáns e a todos aqueles interesados na realidade da provincia, no seu sentido máis amplo. 

Relacionadas

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Vilagarcía de Arousa para...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

A Deputación leva este venres ata Fornelos de Montes e Mondariz-Balneario o circuíto +Escénicas

0
“Unhas risadas sorprendentes”, de A Maga Fani e Martín Camiña Ilusionista, chegará ás 11:00 horas ao Colexio Público Dr. Suárez de Fornelos, e “Contacontos...

A vicepresidenta da Deputación asiste ao almorzo informativo ofrecido polo conselleiro de Sanidade en...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este mércores ao almorzo informativo ofrecido por Antonio Gómez Caamaño, conselleiro de Sanidade da Xunta...

O PP esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa legalidade nas...

0
O Partido Popular esixe que o Concello de Vilar de Barrio cumpra coa legalidade no que atinxe ás condicións de traballo das empregadas do...

Luis López inaugura en Marín a reforma do pavillón da Cañota: un impulso de...

0
O presidente provincial, acompañado pola alcaldesa e deputada María Ramallo, comproba o remate dunhas obras que melloran a imaxe, a accesibilidade e a eficiencia...

A Deputación é seleccionada por primeira vez no Japan World’s Tourism Film Festival co...

0
O vídeo foi seleccionado entre máis de 1.100 candidaturas de todo o mundo e inicia así o seu paso polo circuíto internacional de festivais...

Publicacións Relacionadas