Home Xunta de Galicia A Xunta define o retorno do talento dos galegos do exterior coma...

A Xunta define o retorno do talento dos galegos do exterior coma unha ferramenta estratéxica para o impulso do emprendemento e a remuda xeracional

- Anuncio -
  • José González remarcou a aposta do Goberno galego pola integración sociolaboral dos emigrantes galegos -así como pola captación de traballadores de terceiros países-, a través de accións en orixe e sempre vencellado ao emprego
  • Agradeceu aos emprendedores homenaxeados o seu traballo a prol da innovación e o desenvolvemento de Galicia, “unha terra acolledora e chea de oportunidades”
  • Nesta liña, o conselleiro remarcou o papel fundamental de entidades como Asociación Amigos de Venezuela Vigo que, con máis de 500 socios, mantén viva a cultura venezolana e, ao mesmo tempo, apoia aos emigrantes retornados

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, participou esta tarde nun acto da Asociación Amigos de Venezuela Vigo, no que se outorgaron insignias a persoas emprendedoras desta entidade. Alí puxo en valor o labor desta entidade para tender pontes entre Galicia e Venezuela e salientou a aposta do Goberno galego polo retorno e integración sociolaboral dos galegos da diáspora.

González remarcou que favorecer o regreso de galegos do exterior, a través das medidas pioneiras englobadas na Estratexia Galicia Retorna, é completamente fundamental para seguir sumando competitividade á hora de atender ás necesidades das empresas galegas, impulsar o emprendemento ou a remuda xeracional.

Neste sentido, salientou que estreitar lazos de apoio mutuo é beneficioso para todos, porque captar talento exterior é unha oportunidade para a nosa comunidade, e agradeceu ás persoas emprendedoras homenaxeadas hoxe polo seu traballo a prol da innovación e o desenvolvemento de Galicia, “unha terra acolledora e chea de oportunidades”.

González lembrou que a nosa comunidade vai en liña coa Unión Europea á hora de abordar retos estruturais como a cobertura de vacantes ou a remuda no tecido produtivo galego, tanto na dinamización da forza laboral interna -a través da flexibilización da formación, a modernización do Servizo Público de Emprego de Galicia ou con medidas destinadas aos mozos ou mulleres- como, dun xeito complementario, na acción exterior. Esto último artéllase a través dun plan de captación de talento que prioriza o retorno de galegos da diáspora e se completa coa captación de traballadores de terceiros países, sempre dun xeito ordenado a través de accións en orixe e da man das empresas galegas.

Segunda edición do Retorna Cualifica Emprego

En relación co regreso das persoas galegas da diáspora, José González destacou que no 2025 se impulsarán accións como a segunda edición do Retorna Cualifica Emprego ou novas achegas para favorecer dun xeito específico o emprendemento deste colectivo, e que se combinan coas destinadas a todo o sector da nosa comunidade.

En canto á Asociación Amigos de Venezuela Vigo, que conta con máis de 500 socios, destacou o seu papel fundamental mantendo viva a cultura venezolana e, ao mesmo tempo, apoiando aos emigrantes retornados en colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

Relacionadas

A Xunta apoia a contratación de 15 novos doutorandos para que poidan desenvolver a súa tese en...

0
― A Consellería de Ciencia inviste case preto de 2 millóns de euros na cuarta edición deste programa, que suma xa máis de 61...

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción...

A Xunta impulsa o establecemento de sinerxías entre otalento universitario e o ecosistema emprendedor galego no marco da Rede...

0
— O Executivo galego promove a conexión entre empresas emerxentes galegas, asesoradas no marco da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego,...

O 061 de Galicia reitera a importaancia de extremar as precaucións nos desprazamentos por...

0
 No Nadal do ano pasado Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 319 chamadas por accidentes de tráfico, que xeraron 252 asistencias e a atención...

O Diario Oficial publica hoxe as novas inclusións e actualizacións de méritos nas bolsas...

0
Trátase da relación refundida e actualizada das persoas integrantes das listas correspondentes ás subescalas de Secretaría-intervención, Secretaría e Intervención-tesourería O Diario Oficial de Galicia publica...

Máis de 5.000 persoas benefícianse das axudas da Xunta para mercar bicicletas eléctricas de...

0
— O Goberno galego destinou 2,7 millóns de euros ao programa EBici desde o seu comezo en 2022 ata o pasado novembro, data na...

Publicacións Relacionadas