Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación organiza o ciclo de concertos Entradiñas de Aninovo, que busca...

A Deputación organiza o ciclo de concertos Entradiñas de Aninovo, que busca espallar O Noso Nadal a toda a provincia con 17 citas musicais entre decembro e xaneiro

- Anuncio -

Os concertos terán lugar en espazos culturais e patrimoniais únicos e van desde o repertorio clásico, tradicional e popular, maioritariamente en galego, primando as agrupacións corais e artistas con algún vínculo coa provincia

A Deputación de Pontevedra pon en marcha por vez primeira este ano o ciclo de concertos Entradiñas de Aninovo, ao que destina 60.000 euros e, a través do cal, entre decembro e xaneiro programará un total de 17 concertos por toda a provincia en espazos culturais e patrimoniais únicos e acolledores dos concellos. O obxectivo deste novo programa é levar a programación de O Noso Nadal a toda a provincia.

Serán concertos de música que van dende o repertorio clásico, tradicional e popular, maioritariamente en galego, primando as agrupacións corais e artistas con algún vínculo coa provincia que non participan noutras programacións, así como un repertorio participativo e acaído para esta época do ano, para poder desfrutar en familia.

O Noso Nadal

A programación de Nadal da Deputación de Pontevedra, que comezou o pasado venres 29 de novembro co acendido das 250.000 luces eficientes que xa están a alumear as súas sedes, inclúe tamén visitas teatralizadas, vídeomapping e contacontos no Castelo de Soutomaior e exposicións, recitais de música e obradoiros infantís no Museo de Pontevedra.

Desta maneira, no Castelo de Soutomaior, hoxe dan comezo as tradicionais visitas teatralizadas, que terán lugar tamén os días 7, 8, 21, 22, 28 e 29 de decembro. Ademais, hai previstas catro sesións de contacontos, todas elas ás 17:00 horas ás 12:00, 16:00 e 17:30 horas con 30 prazas por quenda, se ben as entradas xa están esgotadas. Os días 26 de decembro e 2 de xaneiro terá lugar “Un ratiño na cidade”, e os días 27 e 3 de xaneiro “Unha carta para os Reis Magos”, cun total de 120 prazas, e aínda se poden adquirir as últimas entradas a un prezo de 8 euros en www.castelodesoutomaior.com.

Por outra banda, no Museo de Pontevedra estarán activas catro exposicións durante o Nadal. O pasado venres abriu as súas portas “É tempo de xogar. Colección Juan Manuel Alfaya Ocampo”, que se poderá visitar ata o 9 de febreiro, e o vindeiro 13 de decembro inaugurase “Acisclo en 66 obras”, unha exposición que revisa a evolución artística de Acisclo Manzano. Ademais, aínda se poden visitar as exposicións de José Benito Otero Baena, ata o 19 de xaneiro,  e “Infiltracións II”, ata o 2 de marzo.

A oferta expositiva complétase cunha programación infantil e para todos os públicos. Así, entre o 21 de decembro e o 7 de xaneiro o Museo converterase nunha fábrica de xoguetes onde cada nena e neno poderá fabricar o seu propio xoguete e levalo a casa. Trátase dunha obradoiro aberto e sen inscrición previa. No que respecta ao espectáculos, o 27 de decembro ás 18:00 horas terá lugar “Cinema de historias da man de Alice Guy”, o xoves 2 de xaneiro tamén ás 18:00 horas con “Molto Barroco” e o venres 3 á mesma hora con “Un Nadal cheo de contos”.

Por último, no Museo de Pontevedra hai tres actuacións musicais previstas. A primeira será a IV Gala lírica de Nadal do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga, o 17 de decembro ás 19:00 horas. Ademais, o xoves 19 de decembro ás 19:00 horas terá lugar un concerto do pianista arxentino Juan Carlos Cambas e o xoves 10 de xaneiro o tradicional concerto de “Despedida del villancico”, na Igrexa de San Bartolomé, protagonizado polo Coro Luis García Limeses e a Coral Polifónica de Pontevedra, que organiza desde hai 70 anos o Museo e que tamén servirá para dar o tiro de saída á programación que durante o 2025 festexará o centenario da Polifónica.

Relacionadas

O programa de fomento deportivo da Deputación promoveu unha vida saudable entre 2.400 participantes...

0
Cunha dotación de 60.000 euros, esta iniciativa incluíu ata 18 disciplinas para promover o deporte familiar A gran implicación da comunidade e a ampla franxa...

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

Publicacións Relacionadas