Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia o reparto de preto de 110.000 euros entre 12...

Luis López anuncia o reparto de preto de 110.000 euros entre 12 clubs náuticos de cinco concellos da contorna de Pontevedra

- Anuncio -

Son 94.000 euros para dez clubs de piragüismo, 8.000 euros para un club de remo e 5.000 euros para catro clubs de vela, que recibirán achegas de ata 25.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou o reparto de preto de 110.000 euros entre 12 clubs náuticos de cinco concellos da contorna de Pontevedra, que recibirán ata un máximo de 25.000 euros para sufragar gastos federativos, de competición e adestramento, de persoal, de material deportivo ou gastos sanitarios. “O noso compromiso co deporte tradúcese en recursos concretos para promover a práctica deportiva e para impulsar todas as modalidades, apoiando aos clubs e federacións de todas as disciplinas deportivas”, asegurou o presidente provincial.

Dos preto de 110.000 euros aprobados ao abeiro desta convocatoria, dun total de 500.000 € en toda a provincia, 94.000 euros serán para dez clubs de piragüismo de cinco concellos, 8.000 euros para un club de remo e os outros 5.000 € para outro club da categoría de vela.

En concreto, en piragüismo en Caldas de Reis o Club Náutico Umia recibe 3.017 €; en Marín o Club Marítimo Tambo 1.200 €; en Poio o Club Escola de Piragüismo 9.357 € e o Club Escola Marítima Combarro 907 €; en Pontevedra o Club Naval de Pontevedra contará con 14.178 €, o Club Piragüismo Verducido Pontillón con 13.842  €, o Club Río Verdugo con 7.328 € e a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra con 25.000 €, e en Vilaboa o Club Náutico Cobres recibirá 13.391 € e o Club Piragüismo Vilaboa 6.208 €. Por outra banda, na modalidade de remo o Club Remo Ría de Marín recibe 8.070 € e de vela o Real Club de Mar de Aguete, tamén de Marín, 5.083 €.

Relacionadas

O programa de fomento deportivo da Deputación promoveu unha vida saudable entre 2.400 participantes...

0
Cunha dotación de 60.000 euros, esta iniciativa incluíu ata 18 disciplinas para promover o deporte familiar A gran implicación da comunidade e a ampla franxa...

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

Publicacións Relacionadas