Home Deputacións Deputación Pontevedra Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre oito clubs náuticos...

Luis López anuncia o reparto de 80.000 euros entre oito clubs náuticos da comarca do Morrazo

- Anuncio -

Son 17.000 euros para dous clubs de piragüismo, 52.000 euros para catro clubs de remo e 9.000 euros para dous clubs de vela, que recibirán achegas de ata 21.000 euros

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, anunciou o reparto de 80.000 euros entre oito clubs náuticos da comarca do Morrazo, que recibirán ata un máximo de 21.000 euros para sufragar gastos federativos, de competición e adestramento, de persoal, de material deportivo ou gastos sanitarios. “O noso compromiso co deporte tradúcese en recursos concretos para promover a práctica deportiva e para impulsar todas as modalidades, apoiando aos clubs e federacións de todas as disciplinas deportivas”, asegurou o presidente provincial.

Dos 80.000 euros aprobados, dun total de 500.000 € en toda a provincia, 17.000 euros serán para dous clubs de Cangas da categoría de piragüismo, 52.000 euros para catro clubs de remo dos tres concellos e os outros 9.000 € repartiranse entre dous clubs de Cangas na categoría de vela.

En concreto, en piragüismo o Club de Mar Ría de Aldán recibe 15.340 € e o Club Piragüismo Aldán 2.153 €, ambos de Cangas. No caso do remo, en Bueu o Club do Mar Bueu contará con 18.684  €, o Club de Remo Vila de Cangas con 4.012 €, a Sociedade Deportiva Tirán de Moaña con 21.415 € e a Sociedad Deportiva Samertolameu tamén de Moaña con 8.414 €. Por último, na modalidade de vela o Club Deportivo Wind&Sup recibirá 780 € e o Club Náutico 9.014 €, ambos de Cangas.

Relacionadas

O programa de fomento deportivo da Deputación promoveu unha vida saudable entre 2.400 participantes...

0
Cunha dotación de 60.000 euros, esta iniciativa incluíu ata 18 disciplinas para promover o deporte familiar A gran implicación da comunidade e a ampla franxa...

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

Publicacións Relacionadas