Home Pontevedra Baixo Miño Tui un destino único e cheo de maxia para celebrar estas festas

Tui un destino único e cheo de maxia para celebrar estas festas

- Anuncio -
O Mercado de Nadal e o Taller Máxico de Papa Noel destacan nas actividades desta ponte festiva

Este Nadal, Tui convértese no lugar ideal para vivir unha experiencia inesquecible. Baixo o lema “A Maxia do Nadal está en Tui”, o municipio ofrece á veciñanza e visitantes un amplo programa de actividades para todas as idades, cargado de tradición, encanto, maxia e espírito festivo.

Agasallos, decoración, artesanía, e delicias gastronómicas ofértanse nos 20 postos do Mercado de Nadal instalados no Paseo da Corredoira en casetas de madeira cunha coidada decoración. Esta fin de semana abre de 12 a 14 h e de 17 a 22 h, coa salvidade de que o domingo os postos pecharán ás 21 h.

Unha visita imprescindible para os máis pequenos e pequenas é o Taller Máxico de Papa Noel, situado no edificio da Praza da Inmaculada.  Este espazo desprende a maxia do Nadal xa dende a entrada. Os cativos poden aproveitar na visitar para escribir a súa carta a Papa Noel e depositala na Oficina Postal, o gran libro de Papa Noel coa listaxe dos desexos infantís ocupa parte do seu despacho, onde non falta o globo terráqueo dende o que estuda a viaxe que realiza arredor da terra cada 24 de decembro. Os elfos afánanse no Obradoiro de Xoguetes, hai tamén oco para descansar, e non faltan os arrecendos a galletas e chocolate quente que chegan dende a cociña. O Taller Máxico de Papa Noel abre as súas portas esta fin de semana de 11 a 14 h e de 17 a 20 h. Tanto hoxe venres coma mañá sábado en horario de tarde un dos elfos de Papa Noel estará no taller compartindo momentos máxicos cos visitantes. Tamén aquí está a árbore dos desexos.

Moi preto, na oficina de Turismo, no Paseo da Corredoira, a tradición belenística está moi presente. É grazas ao gran Belén de Mingos, no que non falta detalle das distintas escenas do Nadal, con delicadas pezas, algunhas animadas, iluminación e música. O horario de visita é  10.30 h a 13.30 h e de 16.00 h a 19.00 h.

Esta fin de semana hai tamén cita no Mercado de San Antonio onde o sábado, de 12 h a 15 h e de 17 h a 20 h, a gastronomía galega conquistará ao público cos petiscos que ofrecerá, de forma gratuíta, a foodtruck “Galicia Sabe a Mar”  da campaña da Xunta de Galicia e na que colabora o Concello de Tui. No mesmo mercado pola tarde, en dúas sesións, ás 17 e ás 19 h, haberá un obradoiro infantil de xabóns a cargo de Essentia HM para o que é preciso inscribirse, gratuitamente, en turismo@tui.gal.

Estes días tamén é posible viaxar, gratuitamente, no tren turístico de Nadal da Eurocidade entre os conxuntos históricos de Tui e Valença, nun percorrido cheo de maxia polas rúas das dúas cidades e pola vella Ponte Internacional.

Máis 500 mil lámpadas de led iluminan a cidade neste Nadal con múltiples deseños. E no paseo por Tui a maxia xurde tamén nas rúas e prazas cunha coidada decoración, elaborada por persoal municipal con material reciclado, que sorprenderán con paisaxes nevadas, pobos de madeira, unha árbore na que están representadas todas as parroquias tudenses, pero tamén con moitos outros elementos que se suman á maxia deste Nadal en Tui.  

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Publicacións Relacionadas