Home Deputacións Deputación Pontevedra Redondela rende homenaxe a Pablo Couñago no 25º aniversario da conquista do...

Redondela rende homenaxe a Pablo Couñago no 25º aniversario da conquista do Mundial de Nixeria

- Anuncio -

Este 2024 cúmprense 25 anos da primeira conquista mundial do fútbol español. Foi coa selección sub-20 dirixida por Iñaki Sáez, que logrou o título en Nixeria tras derrotar a Xapón na final. Esa vitoria sería a base da posterior era dourada do fútbol da selección vermella. Daquela cita en Nixeria destacan nomes de futbolistas que anos despois serían grandes figuras na elite fútbol mundial. Entre os participantes naquel mundial sub-20 celebrado en África destacan xogadores como Casillas, Xavi, Ronaldinho, Forlán, Simao, Roque Santa Cruz, Márquez, Cambiasso, Nakata, Duff ou o elixido MVP do torneo: Seydou Keita. De entre todos os participantes nesa cita mundial destacou un xogador redondelán, Pablo Couñago, Bota de Ouro do torneo.

O Concello de Redondela rende homenaxe ao xogador cunha exposición no Multiúsos da Xunqueira que se inaugurará o vindeiro venres,  13 de decembro, ás 19.00 horas. A mostra fai un repaso polos máis de 20 anos de carreira deportiva de Couñago, nos que militou en equipos como Celta, Numancia, Ipswich Town ou Málaga, entre outros. Colgou as botas no CD Choco de Redondela, con 39 anos de idade.

Relacionadas

O programa de fomento deportivo da Deputación promoveu unha vida saudable entre 2.400 participantes...

0
Cunha dotación de 60.000 euros, esta iniciativa incluíu ata 18 disciplinas para promover o deporte familiar A gran implicación da comunidade e a ampla franxa...

O BNG afea o veto de Caballero a unha declaración institucional en defensa de...

0
A fronte nacionalista denuncia o bloqueo dunha iniciativa para demandar no Pleno accións do Goberno español ante a exclusión do porto vigués na última...

O Porriño acomete a mellora de 13 marquesiñas de autobús cunha inversión de máis...

0
● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas O Concello do Porriño culminou recentemente...

O Concello de Nigrán ofrece mañá o tradicional desfile da Rondalla de Santiago de...

0
Sairán da rúa Telleira ás 16:00 para percorrer durante a tarde as rúas de Nigrán, Panxón, Praia América e Ramallosa O Concello de Nigrán e...

Creatividade, reciclaxe e unión veciñal no Nadal Sostible do Rosal

0
Veciños e veciñas das parroquias traballan xuntos para crear enxeñosos elementos cos que decorar rúas e prazas nestas datas O Rosal demostra unha vez máis...

O BNG de Vigo oponse aos Orzamentos 2025 de Caballero por tombar todas as...

0
A fronte nacionalista afea que o Goberno municipal volva impoñer o “rodete absolutista” no Pleno rexeitando as 152 emendas do Bloque e o conxunto...

Publicacións Relacionadas