Home Pontevedra Caldas Cuntis activa a súa Programación de Nadal apostando pola integridad, a conciliación...

Cuntis activa a súa Programación de Nadal apostando pola integridad, a conciliación familiar e Aactividades para xente de todas as idades

- Anuncio -

• O servizo gratuíto Cuntilín Nadal estará operativo desde o día 23 de decembro ao 3 de xaneiro e o prazo de solicitudes de praza xa está aberto ata o venres 20


• O alcalde, Manuel Campos, participou este xoves no acto de encendido do alumeado de Nadal, no que colaboraron mozos e mozas do programa Habilitas Fogar

A Praza das Árbores foi este xoves o escenario do ‘pistoletazo’ de saída ao Nadal en Cuntis, que, un ano máis, volve apostar pola maxia, a música e a conciliación como piares principais, a través dunha programación ampla e que, tal e como sinala o alcalde, Manuel Campos, “está pensada para que poidamos gozar destas datas tan entrañables en familia, tanto as crianzas como os e as adultas”. No prendido dos ornamentos que decoran a vila, que se caracterizan pola utilización de luminarias eficientes, contouse coa colaboración inestimable de rapaces e rapazas do programa Habilitas Fogar, impulsado polo Concello para fomentar a integración social a persoas con discapacidade intelectual.
Polo que respecta á programación, inclúe obradoiros, actuacións musicais, espectáculos de maxia e unha festa de benvida do novo ano na madrugada do 1 de xaneiro. Ademais, o Goberno local mantén a súa aposta polo servizo de conciliación familiar gratuíto desde o 23 de decembro, a través de Cuntilín Nadal. A iniciativa estará operativa ata o 3 de xaneiro, en horario de 7.30 a 14.00 horas. Xa está aberto o prazo de inscrición, ata o venres 20 de decembro (inclusive). Aquelas familias que xa utilicen este servizo durante o resto do ano e estean interesadas en reservar praza nestas semanas de vacacións escolares tan só deberán cubrir un formulario que se lles facilitará a través das propias monitoras do Cuntilín. As inscricións só terán que facelas as persoas que non solicitasen esta prestación previamente. Cómpre lembrar que Cuntis é un dos poucos concellos da provincia de Pontevedra que facilita un servizo de conciliación familiar gratuíto durante todo o ano.

Con respecto ás actividades, o programa inaugurarase o domingo co Mercadiño Vintage organizado pola Agrupación Musical de Música e Baile Tradicional de Cuntis. Será na Praza de Abastos, entre as 11.00 e as 19.00 horas, e contará con postos de filloas, sobremesas e puntos de venta de artigos do pasado, que farán as delicias das persoas máis nostálxicas. O martes 17, chegarán os Paxes Reais ao CPI Aurelio Marcelino Rey García, para tomar nota das peticións de agasallos do alumnado. Xa o xoves, 19 de decembro, ás 20.00 horas o Centro Patelas acollerá un obradoido de elaboración de centros de mesa. O sábado 21, o pavillón municipal será o escenario do Festival Folclórico de Nadal, promovido tamén pola Agrupación Musical de Música e Baile Tradicional de Cuntis. Unha das datas máis agardadas será o martes 24, coa chegada de Papa Noel á vila, onde recibirá ás crianzas na Casa de Cultura Roberto Blanco Torres, entre as 11.30 e as 13.30 horas. Nestas mesmas dependencias, o día 26 os máis cativos e cativas poderán gozar do espectáculo Títeres Alakrán. O sábado 28, pola súa banda, terá lugar a chocolatada para socios e socias do Espazo CuntisXove.

Unha das citas estrela da programación será na noite do 31 de decembro ao 1 de xaneiro. Na Praza da Constitución habilitarase unha carpa para dar a benvida ao 2025, onde se agarda un gran ambiente. O 3 de xaneiro, na Casa de Cultura, o Mago Teto ofrecerá un espectáculo para crianzas. O colofón ao programa chegará da man dos Reis Magos, cuxa chegada ao concello está prevista ás 18.30 horas, para realizar a tradicional cabalgata. A posterior festa e recepción na Praza da Constitución suporá o broche de ouro ao Nadal.

Relacionadas

Luisa Sánchez anuncia na gala de entrega dos XIX Premios Joven Empresario/a de AJE...

0
O goberno da Deputación investirá 1,45 millóns de euros na xestión de Smartpeme + e das oficinas Acelera Pyme Rural, que desde Barro, Cambados,...

Baiona presenta a imaxe da Festa da Arribada 2025

0
Baiona desvela a imaxe da XIX Festa da Arribada 2025, que se celebrará do 28 de febreiro ao 2 de marzo, nun acto en...

O concello do Porriño rende homenaxe aos gañadores do concurso ‘Internetional Dragon’s Den’

0
Os estudantes presentaron aos asistentes o seu proxecto “Greenpocket Solutions” xunto cun prototipo do produto 'Eco Snack Bag', amosando a súa proposta innovadora de...

A Deputación leva a oficina móbil do programa +Renovables a Marín para informar a...

0
O deputado provincial Javier Tourís visitou o concello coa oficina móbil, que percorrerá todos os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia para...

Rafa Domínguez e Jorge Cubela percorren Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera da conferencia...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, xunto co deputado de Cultura e Xuventude, Jorge Cubela, percorreron Pontevedra con Santiago Gamboa na véspera...

A Xunta e o concello de Moraña avalían vías de colaboracion para mellorar a...

0
A Xunta de Galicia e o Concello de Moraña estudarán a posibilidade de mellorar o acondicionamento e poñer en valor a contorna do río...

Publicacións Relacionadas