Home Ourense Luis Menor avanza como reto para 2025 un “amplo período congresual” do...

Luis Menor avanza como reto para 2025 un “amplo período congresual” do PP de Ourense e agradece a “implicación e compromiso” da militancia

- Anuncio -

· O presidente provincial mostrouse “especialmente orgulloso” polo traballo realizado no 2024, que vinculou ao centenar de novos afiliados inscritos desde o congreso provincial celebrado en xullo

· Na reunión aprobouse a constitución dunha xestora na agrupación de Barbadás, órgano provisorio que estará encabezado por José Manuel Freire Couto ata a celebración do congreso local

O Partido Popular de Ourense afrontará en 2025 un “amplo período congresual” para consolidar as agrupacións locais da provincia e tamén da cidade de Ourense. Así o avanzou o presidente provincial, Luis Menor, no transcurso da súa intervención ante a Xunta Directiva Provincial celebrada esta tarde na sede principal.

Luis Menor incidiu na “estabilidade e coordinación” que as agrupacións locais confiren ao PP no territorio, polo que a súa organización, dixo, é clave no traballo político. Neste contexto, a Xunta Directiva aprobou a constitución dunha xestora na agrupación de Barbadás, órgano provisorio que estará encabezado por José Manuel Freire Couto ata a celebración do congreso local.

Este proceso, engadiu, permitirá “configurar os mellores equipos” coa vista posta nas municipais de 2027, para conseguir á súa vez a máis ampla representación na provincia para que “o PP siga a ter a bandeira da reivindicación en Ourense”.

CAPACIDADE DE MOBILIZACIÓN

O presidente provincial mostrouse “especialmente orgulloso” polo traballo realizado no 2024, onde o partido foi quen de demostrar que non hai nesta provincia formación política algunha “que teña a nosa capacidade de mobilización”.

Demostracións de unidade e fortaleza, lembrou, que quedaron reflectidas en convocatorias tales como o multitudinario mitin das autonómicas que encheu a cancha central do pavillón dos Remedios, o magosto da cidade ou, máis recentemente, o medio millar de militantes que acudiron á cea de Nadal do partido.

Unha “implicación e compromiso da militancia”, subliñou, que agora verase aumentada logo da incorporación dun cento de afiliados desde o congreso provincial de xullo, “o que demostra que a xente confía no noso traballo”.

Relacionadas

A Deputación mobilizará varios vehículos para espallar sal nas estradas provinciais ante a previsión...

0
Debido aos prognósticos das axencias meteorolóxicas por avisos de temperaturas mínimas e posibles xeadas para esta madrugada, e co fin de garantir a seguridade...

A Deputación fai efectiva a cesión da estrada de San Vicente, en Vilamartín de...

0
O presidente provincial, Luis Menor, celebrou unha xornada de traballo na comarca de Valdeorras, na que o Consorcio de Augas aprobou os orzamentos de...

A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía de...

A Real Banda de Gaitas ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal na igrexa...

0
Este evento terá lugar o vindeiro 27 de decembro ás 18.30 horas, e se retransmitirá tamén por streaming, é “un dos símbolos indiscutibles do...

O Concello de Ourense dálle o nome oficial de glorieta da Policía Nacional á...

0
Alcalde e corporación municipal asistiron ao descubrimento da placa que recolle a denominación da rotonda O Concello súmase así á celebración do 200 aniversario da...

O desfile de Papá Noel ocasionará restricións puntuais de tráfico o sábado pola tarde

0
O desfile de Papá Noel que terá lugar o sábado, 21 de decembro, polo centro da cidade, requirirá pechar ao tráfico de vehículos a...

Publicacións Relacionadas