Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación de Ourense, única administración pública de Galicia que obtén unha...

A Deputación de Ourense, única administración pública de Galicia que obtén unha subvención de máis de 1,3 millóns de euros para fomentar o turismo intelixente

- Anuncio -

O Ministerio de Industria e Turismo comunicou a aprobación do proxecto “Ourense preto de ti”, así como a súa subvención ao 100%, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-Next Generation

A Deputación expuxo como obxectivos principais a integración da súa a plataforma de turismo intelixente co nodo central da Plataforma Intelixente de Destino de Segittur, a implantación dun servizo de asistencia dixital personalizada ao turista en múltiples idiomas e o incremento da accesibilidade dixital dos recursos turísticos

Tamén contempla o deseño e definición dun modelo de medición de impacto do turismo termal; a mellora do coñecemento dos camiños xacobeos; o impulso do enoturismo; e a promoción do turismo de congresos

O Ministerio de Industria e Turismo, a través da Sociedade  Mercantil para a Xestión da Innovación e as Tecnoloxías Turísticas S.A.M.P. (SEGITTUR), comunicou á Deputación de Ourense a aprobación do proxecto “Ourense preto de ti” así como a subvención do mesmo ao 100%, alcanzando a cifra de 1.327.618 euros.

Dita subvención enmárcase dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e está financiado pola Unión Europea-Next Generation EU».

Na súa valoración o Ministerio de Industria e Turismo considera, entre outros, que o proxecto inclúe información moi exhaustiva e moi relevante, que demostra un coñecemento profundo e amplo incorporando diferentes servizos. Considera tamén que se consigue unha proposta completa e xustificada que non deixa aspectos sen tratar. Esta valoración implica que a Deputación de Ourense sexa a única gran administración pública de Galicia en conseguir a mencionada subvención.

En relación ao proxecto, a Deputación expuxo como obxectivos principais a integración da súa a plataforma de turismo intelixente co nodo central da Plataforma Intelixente de Destino de Segittur; a implantación dun servizo de asistencia dixital personalizada ao turista en múltiples idiomas; o incremento da  accesibilidade dixital dos recursos turísticos; o deseño e definición dun modelo de medición de impacto do turismo termal; a mellora do coñecemento dos camiños de Santiago que atravesan a provincia; o impulso do enoturismo e a promoción do turismo de congresos.

Técnicos da Deputación xa contactaron cos responsables da empresa Segittur e iniciaron os trámites administrativos para a realización do proxecto, que se espera quede rematado en xuño do ano 2026.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Luisa Sánchez asiste ao brinde de Nadal do Círculo de Empresarios de Galicia no...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe nas instalacións do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo ao tradicional brinde de...

A Deputación leva este sábado a Pontecesures o circuíto +Escénicas con “Urxente chamamento ó...

0
O espectáculo de teatro familiar poderá verse de balde ás 21:00 horas no centro social +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con...

A Deputación leva a súa programación cultural este sábado ás Neves e Pazos de...

0
Pazos acollerá o “Concerto Punkinfantil” de Peter Punk e Brais das Hortas no marco do circuíto +Escénicas, que está a levar o teatro e...

Publicacións Relacionadas