Home Xunta de Galicia Galicia activará un Mercado Voluntario de Carbono en 2025 para que empresas...

Galicia activará un Mercado Voluntario de Carbono en 2025 para que empresas e entidades poidan compensar as súas emisións con proxectos medioambientais

- Anuncio -

Cun investimento previsto de 6,8 M€ ata 2028, Ángeles Vázquez subliña que Galicia se aliña deste xeito cun dos principais acordos adoptados no Cumio do Clima de Bakú

A Xunta de Galicia porá en marcha o próximo ano un mercado voluntario de créditos de carbono ao que poderán recorrer empresas, entidades e a propia cidadanía para compensar as toneladas de dióxido de carbono (C02) que emiten a través da execución de proxectos de carácter medioambiental como, por exemplo, iniciativas de reforestación ou vinculadas coa acuicultura.
Este foi un dos temas centrais das xuntanzas que mantivo en Bruxelas a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, con diferentes altos cargos e responsables comunitarios de direccións xerais das áreas da súa competencia no marco da súa viaxe institucional para participar en nome das 17 comunidades autónomas no Consello de Ministros de Medio Ambiente da UE.
En concreto, explicou que a Xunta pretende desenvolver este mercado a través dun decreto, actualmente en tramitación e cuxa aprobación está prevista para o primeiro trimestre do próximo ano, e coa posta en marcha das ferramentas tecnolóxicas necesarias para xestionar os créditos de carbono e aplicar as metodoloxías de cálculo que permitirán xerar os créditos correspondentes a cada proposta.
É o chamado Proxecto SICLE CO2, no que se investirán 6,8 millóns de euros ata o ano 2028, unha iniciativa que, como lembrou a conselleira, vai na mesma liña que os principais acordos adoptados no recente Cumio do Clima, a COP 29, celebrada na cidade de Bakú, en Acerbaixán.
Reunión con Cristina Lobillo
Entre os contactos que mantivo a conselleira en Bruxelas cómpre destacar a súa reunión con Cristina Lobillo, directora do Grupo de Traballo da Plataforma Enerxética da UE, dependente da Dirección Xeral de Enerxía da Comisión Europea.
Durante o encontro analizaron a situación de parálise xudicial que afecta ao sector eólico en Galicia, un bloqueo que, tal e como explicou a conselleira, pon en risco o cumprimento dos obxectivos de descarbonización por parte da Comunidade e choca co interese público superior que teñen para a UE os proxectos de enerxías renovables ao considerar que a súa contribución será clave para a consecución da neutralidade climática.

Relacionadas

A Xunta nomea os membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva co inicio do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu ao acto de renovación deste organismo enmarcado na Lei do Deporte de Galicia O conselleiro de Presidencia,...

Galicia solicita no Senado a revisión do nivel de protección do lobo e que...

0
Ángeles Vázquez insiste na necesidade de adoptar medidas ante a situación insostible que está a soportar o sector gandeiro polo elevado número de ataques...

A Xunta pon en marcha a sexta edición da campaña escolar Pilabot para concienciar...

0
— Os 150 colexios de Primaria e Secundaria participantes terán seis semanas lectivas para xuntar este tipo de residuos, con prazo límite ata o...

A Xunta avanza da man de patronal e sindicatos no marco do diálogo social...

0
― José González salienta a importancia do Diálogo Social e de reforzar a súa transversalidade co gallo dunha xuntanza para avaliar os orzamentos e...

A Xunta amplía en case un 70% o orzamento das axudas extraordinarias ao retorno

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que recolle este incremento que permitirá atender a alta demanda do programa e beneficiar...

Rueda pon en valor a contribución da Xunta na posta en marcha da residencia...

0
Aos preto de 340.000 euros destinados á construción e equipamento, súmanse os 750.000 euros anuais que achegará o Goberno galego para o mantemento de...

Publicacións Relacionadas