Home Pontevedra A Paradanta A Deputación de Pontevedra ultima o proxecto de mellora da estrada provincial...

A Deputación de Pontevedra ultima o proxecto de mellora da estrada provincial EP-5005 A Cañiza-Pousa ao seu paso polo núcleo urbano de Crecente

- Anuncio -

A deputada provincial Isabel Couselo reuniuse co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, para definir aspectos fundamentais dos traballos que se realizarán no treito antigo da vía de cara a humanizar o treito e convertelo nun espazo máis amable

Edificio Administrativo da Deputación, 18 de decembro de 2024. A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo un novo encontro de traballo co alcalde de Crecente, Julio César García-Luengo, para seguir avanzando no proxecto que permitirá realizar unha importante actuación de mellora do treito antigo da EP-5005 A Cañiza-Pousa ao seu paso polo núcleo urbano de Crecente.

A deputada provincial Isabel Couselo lembrou que se trata dun tramo de preto de 1,3 quilómetros desta estrada provincial que, segundo salientou o rexedor de Crecente, é unha obra prioritaria para o goberno municipal xa que permitirá humanizar e mellorar este treito que na actualidade presenta numerosas carencias tanto en seguridade viaria como en mobilidade peonil, converténdoo nun espazo máis amable para as persoas. A Deputación está a traballar man a man co Concello de Crecente na elaboración do proxecto. Este novo encontro, ao que tamén asistiron técnicos municipais, serviu para definir aspectos fundamentais das futuras obras na EP-5005, coas que a modernizada vía pasará a ser unha estrada accesible, moderna e con todas as garantías.

Esta non é a única actuación que a Deputación de Pontevedra ten previsto executar na EP-5005 A Cañiza-Pousa no concello de Crecente. O pasado mes de setembro, o presidente e o alcalde asinaron o convenio de colaboración para a execución dunha senda peonil de máis de 550 metros, cun investimento de máis de 245.000 euros aos que a institución provincial achegará o 80% (195.000) e o concello o 20% restante (49.000 €). As obras terán lugar na zona que une as localidades de Ponte Ribadil e Crecente, e ademais da senda de 2,5 metros na marxe esquerda da vía, o proxecto tamén inclúe a instalación de pasos peonís sobreelevados e mais a mellora da sinalización ao longo de todo o treito.

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Publicacións Relacionadas