Home Tabeirós A Estrada A Deputación visita na Estrada a zona na que se executará a...

A Deputación visita na Estrada a zona na que se executará a nova variante de conexión entre a EP-7016 e a N-640

- Anuncio -

A deputada Isabel Couselo trasladoulle ao alcalde, Gonzalo Louzao, que a Deputación agarda recibir en breve os informes sectoriais que permitirán asinar o convenio de colaboración para as obras, ás que a institución provincial achega 216.000 euros

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, xunto co alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, visitou este mércores a zona onde se realizarán as obras que proxecta a Deputación de Pontevedra na EP-7016 A Estrada-Vinseiro-As Casetas, nas que se executará unha conexión máis segura entre esta vía provincial e a N-640 a través dunha nova variante. O financiamento desta actuación será asumido integramente pola Deputación, cun investimento superior aos 216.000 euros.

A deputada provincial Isabel Couselo trasladoulle ao alcalde que a Deputación agarda poder asinar en breve o convenio de colaboración entre a institución provincial e o concello para poder comezar as obras canto antes, á espera de recibir os informes sectoriais pendentes de emisión. Pola súa banda, o alcalde Gonzalo Louzao asegurou que se trata dunha actuación prioritaria para o goberno da Estrada, e trasladou a disposición do concello para facer a súa achega a este proxecto, no que concretamente se fará cargo das expropiacións necesarias (arredor de 53.000 euros).

Isabel Couselo lembrou que a EP-7016 A Estrada-Vinseiro-As Casetas, de dobre sentido de circulación e sección variable, ten no seu treito inicial unha anchura moi reducida, sen beiravías e con moi pouca visibilidade por mor da presenza de varias curvas pronunciadas e sinuosas. Neste treito de arredor de 200 metros, que servirá de conexión coa N-640 e que debido a estas circunstancias tiña un estado elevado de inseguridade, a Deputación deseñou en colaboración co Concello da Estrada unha mellora da conexión entre a estrada provincial e a nacional (concretamente coa glorieta situada no punto quilométrico 203+000) mediante a execución dunha nova variante.

Esta nova conexión, de trazado lineal, terá unha plataforma de sete metros de ancho (a anterior tiña 4,50 metros), con dous carrís de tres metros cada un e beiravías de medio metro en ambas as dúas marxes, co que se mellorará a seguridade da vía e se minimiza o uso da conexión anterior, que quedaría como un camiño de servizo para a veciñanza da contorna. Ademais, as obras da Deputación inclúen a recollida de augas pluviais con cunetas nas dúas marxes, sinalización e a reposición dos servizos afectados no entronque coa estrada nacional (como a reposición das beirarrúas ou a colocación de alumeado público).

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

Mos volta ser protagonista de La Vuelta na súa 80ª edición e cando cumpre...

0
Tras as etapas Mos-Sanabria de 2020 e Sanxenxo-Mos de 2021, o vindeiro ano 2025 a localidade mosense será meta da etapa 16, Poio-Mos, que...

Novo trazado proxecto no túnel Autovía Vigo-Porriño

0
-         Nidia Arévalo esixe de novo a gratuidade da AP-9 e que se recupere o trazado do proxecto en túnel que figura no PXOM mosense -         A...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

O Concello de Portas métese de cheo no Nadal coa entrega de premios do...

0
O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza O concello de Portas vivirá unha fin de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Publicacións Relacionadas