Home Xunta de Galicia Rueda pon en valor a contribución da Xunta na posta en marcha...

Rueda pon en valor a contribución da Xunta na posta en marcha da residencia e centro de día da Asociación Juan XXIII, cun apoio de 1,1M€

- Anuncio -
  • Aos preto de 340.000 euros destinados á construción e equipamento, súmanse os 750.000 euros anuais que achegará o Goberno galego para o mantemento de prazas públicas
  • Anuncia que tras concertar “o 100% das prazas da residencia”, a Xunta “asumirá” outras seis do centro de día ao longo de 2025
  • O Executivo autonómico reserva 176 M€ nas contas do vindeiro ano para a atención á discapacidade

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o compromiso da Xunta coa atención ás persoas con discapacidade, que se reflicte no apoio ás entidades sociais. Neste sentido, puxo como exemplo a contribución do Executivo autonómico na posta en marcha da nova residencia e centro de día da Asociación Juan XXIII que abriu hoxe as súas portas a través de financiamento para as obras e da concertación de prazas.

Así o salientou durante a inauguración oficial dunhas instalacións para as cales o Goberno galego achegou 339.000 euros para a súa construción e equipamento e contribuirá ao seu funcionamento cun investimento anual de 750.000 euros para o mantemento de prazas públicas. Nesta liña, Rueda lembrou que “tras concertar o 100% das prazas da residencia”, a Xunta “vai asumir o concerto doutras seis prazas do centro de día durante 2025”.

O presidente salientou a importancia deste proxecto para atender a unha necesidade crecente en Galicia como é a o aumento da demanda de servizos sociais especializados, especialmente nun contexto de envellecemento da poboación. Asegurou que centros e asociacións coma Juan XXIII “son imprescindibles” para ofrecer “a axuda necesaria” as persoas con discapacidade e as súas familias para que reciban “a atención que merecen”.

Neste sentido, cómpre lembrar o impacto positivo do novo concerto social posto en marcha este ano pola Xunta, que destina máis de 100 millóns de euros anuais para garantir estabilidade e mellorar os servizos que prestan as entidades sociais, entre outros. Grazas a esta medida, xa se puxeron en marcha 166 novas prazas en 2024, cun incremento previsto para 2025.

Aposta pola inclusión

Ademais a Xunta reservará 176 millóns de euros nas contas autonómicas para apoiar a discapacidade. “Unha sociedade que non é capaz de atender as persoas con discapacidade que precisan atención e as súas familias, no é unha sociedade completa. É responsabilidade das administracións”, indicou.

As novas instalacións inauguradas hoxe contan con 24 prazas residenciais e 11 prazas de centro de día e foron posibles grazas á colaboración entre a Asociación Juan XXIII, Xunta, o Concello de Pontevedra, ENCE e a Fundación ONCE.

Relacionadas

A Xunta nomea os membros do Comité Galego de Xustiza Deportiva co inicio do...

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asistiu ao acto de renovación deste organismo enmarcado na Lei do Deporte de Galicia O conselleiro de Presidencia,...

Galicia solicita no Senado a revisión do nivel de protección do lobo e que...

0
Ángeles Vázquez insiste na necesidade de adoptar medidas ante a situación insostible que está a soportar o sector gandeiro polo elevado número de ataques...

A Xunta pon en marcha a sexta edición da campaña escolar Pilabot para concienciar...

0
— Os 150 colexios de Primaria e Secundaria participantes terán seis semanas lectivas para xuntar este tipo de residuos, con prazo límite ata o...

A Xunta avanza da man de patronal e sindicatos no marco do diálogo social...

0
― José González salienta a importancia do Diálogo Social e de reforzar a súa transversalidade co gallo dunha xuntanza para avaliar os orzamentos e...

A Xunta amplía en case un 70% o orzamento das axudas extraordinarias ao retorno

0
— O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que recolle este incremento que permitirá atender a alta demanda do programa e beneficiar...

A Xunta lamenta os agravios do Goberno Central a Galicia en materia de mobilidade

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes compareceu no Parlamento para abordar a falta de compromiso estatal coa posta en marcha do tren...

Publicacións Relacionadas