A rúa Chan das Viñas, que une o parque das Trece Rosas coa avenida de Che Guevara pola zona do Inef, pasará a ter dirección única desde o parque cara a avenida.
Ante o incremento de circulación polo forte atractivo do parque, resulta necesario adoptar esta media para mellorar así a seguridade viaria.
A instalación dos sinais de tráfico correspondentes cos cambios para establecer o sentido único de circulación quedarán colocados na xornada de hoxe. A partir deste momento, os vehículos deberán acceder á mencionada vía a través do Camiño Bastiagueiro Pequeño, saído pola Avenida Ernesto Che Guevara (fronte a rúa Marcial del Adalid).