Home A Coruña Ana Mª Vázquez, Fiz Álvarez, Elba Paris, Manuel Barreiro e Isabel Martínez...

Ana Mª Vázquez, Fiz Álvarez, Elba Paris, Manuel Barreiro e Isabel Martínez premiados por ser as persoas máis lectoras das bibliotecas municipais

- Anuncio -

O Concello recoñeceu aos veciños e veciñas máis lectores das bibliotecas cunha entrega de premios celebrada esta tarde nas Torres de Santa Cruz.

En función das idades creáronse 5 categorías, distinguíndose aos 3 usuarios con máis libros lidos en cada franxa de idade. Na categoría de 0 a 5 anos, a máis lectora foi Ana Mª Vázquez Labrador, seguida de de Óscar Santos Luances e Olivia Sexto Pardo. Na categoría de 6 a 9 anos, o agraciado foi Fiz Álvarez Aguete, seguido de Luca Calvo Vázquez, Irene Fernández Paulos e Mateo Blanco Liquete.De 10 as 11 anos, os premiados foron Elba Paris Jácome, Nicolás Blanco Liquete e Antón Álvarez Aguete.

Na categoría de 12 a 17 anos, liderou como máis lector Manuel Barreiro Mantiñan seguido por Mª Susana Barreiro Mantiñán e Diego Álvarez Sosa. Por último, na categoría de maiores de 18 anos, a persoa máis lectora foi Isabel Martínez Ozón, seguida por Candelaria Mª Vales Varela e Ricardo Sandoval Bermejo.

O premio consiste nun vale para adquirir libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de entre 75, 100 e 120 euros, en función da posición.

O acto de entrega de premios que celebrouse no Teatro As Torres, en Santa Cruz, e contou ao remate co espectáculo Galicia coa maxia do mago Pedro Bugarín.

Relacionadas

Sesión extraordinaria do Pleno da corporación do 19 de decembro de 2024

0
O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na mañá deste 19 de decembro, a partir das 11.00 horas, a sesión...

O Concello de Fene prepárase para a X edición da San Silvestre, que este...

0
A tradicional carreira celebrarase o 28 de decembro, e contará con categorías para todas as idades As inscrición estarán abertas até o día 23 de...

Cariño celebrará este sábado o seu II Mercado de Artesanía Do Nadal

0
• A programación municipal polo Nadal inclúe tamén a visita do ‘foodtruck’ de Galicia Sabe Amar o domingo. O Concello de Cariño celebrará este sábado,...

O Concello estrea mañá ‘Serán Mozo’, un programa de actividades para mozas

0
· Terá lugar na Casa dá Mocidade todos os xoves e os venres de 17 a 21 horas. · Está dirixido a mozos e mozas...

Últimas entradas á venda para asistir ás dúas funcións de ‘Yerma’ previstas esta fin...

0
A programación de outono do Ciclo Principal chega xa á súa recta final. ‘Yerma’, baseada no texto de Federico García Lorca, será o penúltimo...

Incendiado un galpón en Almozara, no concello de Santa Comba

0
Os bombeiros do parque Provincial de Santa Comba foron alertados pasadas as 20:30 horas de onte dun incendio que afectou ao galpón dunha nave...

Publicacións Relacionadas