Home Deputacións Deputación Ourense A Real Banda de Gaitas ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal...

A Real Banda de Gaitas ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal na igrexa de Santa María dos Remedios de Larouco cunha homenaxe a Blandina González Rodríguez

- Anuncio -

Este evento terá lugar o vindeiro 27 de decembro ás 18.30 horas, e se retransmitirá tamén por streaming, é “un dos símbolos indiscutibles do Nadal musical da nosa provincia”, tal e como dixo o director de Área de Cultura da Deputación, Marcos Vázquez

O bispo da Diócese de Ourense, Leonardo Lemos, agradeceu á Deputación e a Real Banda de Gaitas “a recuperación e posta en valor de fermosas pezas de Nadal que son parte da nosa historia”

A alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, agradeceu a escolla do seu municipio para este concerto, “pois escoitar á Real Banda de Gaitas impresiona sempre, e máis se é na igrexa de Santa María dos Remedios”

O director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo recordou que dentro da filosofía da Escola Provincial de Gaitas “atópase homenaxear a unha das voces máis importantes de Galicia, a de Blandina González Rodríguez, cantora de Cotarós-Trives”

A igrexa de Santa María dos Remedios de Larouco acollerá, o vindeiro 27 de decembro a partires das 18.30 horas, o tradicional concerto de Nadal a cargo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Trátase, tal e como o definiu o director da Área de Cultura da institución provincial, Marcos Vázquez, “un dos símbolos indiscutibles do Nadal en Ourense”, transmitíndolle en nome do presidente provincial, Luis Menor, os parabéns aos membros da Escola Provincial de Gaitas e da Real Banda, “por levar a cabo un labor encomiable”.

Na presentación deste concerto participaron tamén o bispo da Diócese de Ourense, Leonardo Lemos; a alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela; e o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo.

Monseñor Leonardo Lemos quixo agradecerlle á Deputación e á Real Banda de Gaitas “a recuperación e posta en valor de fermosas pezas de Nadal que son parte da nosa historia”. Tamén quixo expresar o seu desexo de que “a realidade do Nadal faga medrar en nós a fraternidade que tanta falta fai para sanar o mundo”

A alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela, agradeceu a escolla do seu municipio para este concerto, “pois escoitar á Real Banda de Gaitas impresiona sempre, e máis se é na igrexa de Santa María dos Remedios”.

Pola súa banda, o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, lembrou que dentro da filosofía da Escola Provincial de Gaitas “atópase homenaxear a unha das voces máis importantes de Galicia: a de Blandina González Rodríguez, cantora de Cotarós-Trives”. Foxo tamén recalcou que con este concerto, “Larouco será a capital da música de Galicia” e anunciou que tamén se emitirá por streaming “para transmitir a mensaxe, a alegría e o coñecemento desta importante acción cultural”.

Relacionadas

Luis López asiste á presentación oficial do percorrido de La Vuelta para o ano...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este xoves no acto de presentación oficial do percorrido de La Vuelta 2025 celebrado no...

A Deputación e o Clúster de Turismo fomentan entre os axentes turísticos o coñecemento...

0
“Cremos que é fundamental establecer estruturas de traballo que permitan que toda a cadea de valor do turismo en Galicia configure unha rede de...

A Deputación visita en Poio a estrada provincial EP-0601 Portosanto-Campelo-PO-308 na que se investirán...

0
A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, e o alcalde de Poio, Ángel Moldes, visitaron a zona na que, entre outras actuacións, se executará...

Luisa Sánchez asiste ao brinde de Nadal do Círculo de Empresarios de Galicia no...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe nas instalacións do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo ao tradicional brinde de...

A Deputación leva este sábado a Pontecesures o circuíto +Escénicas con “Urxente chamamento ó...

0
O espectáculo de teatro familiar poderá verse de balde ás 21:00 horas no centro social +Escénicas é un novo circuíto da institución provincial, dotado con...

A Deputación leva a súa programación cultural este sábado ás Neves e Pazos de...

0
Pazos acollerá o “Concerto Punkinfantil” de Peter Punk e Brais das Hortas no marco do circuíto +Escénicas, que está a levar o teatro e...

Publicacións Relacionadas