Home Ourense A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria...

A Xunta de Goberno Local aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana

- Anuncio -

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 27 acordos na súa sesión ordinaria desta semana, que tivo lugar a mediodía de hoxe no salón de plenos. Entre eles, adxudicou as obras dos proxectos de rehabilitación do Xardín do Posío e de pavimentación da vía que vai desde a rúa da Canle até a fin do termo municipal, e deulle o visto e prace aos convenios de colaboración entre o Concello de Ourense e Cáritas Diocesana de Ourense, Cruz Roja Española, e as asociacións PROGAPE e Por Eles T.E.A

Servizo de Contratación (2). Adxudicar a Extraco, Construcións e Proxectos SA o contrato das obras do proxecto de pavimentación da vía desde a rúa da Canle até o límite do Concello de Ourense, por resultar a oferta coa mellor relación calidade-prezo, por un prezo total de 475.462,24 €. Tamén se rectifica un erro material advertido nun artigo do prego de cláusulas administrativas do expediente para contratar o servizo de mantemento de certas plataformas de sistemas de información do Concello

Patrimonio (4). Desestimar unha reclamación de responsabilidade patrimonial e requirir 3 compañías aseguradoras para que paguen ao Concello as contías de 3.317,20 euros, 314,60 e 378,59 euros, en concepto de indemnización por danos ocasionados por vehículos nun farol e no valado da Ponte do Milenio, nunha árbore na rúa Pena Trevinca en nun contedor na rúa Pardo de Cela, respectivamente.

Asuntos Sociais (2) Aprobar o convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e Cáritas Diocesana de Ourense para o financiamento do comedor social, consonte á subvención nominativa recollida no vixente orzamento municipal, por un importe de 250.000 euros. Tamén se aprobou o convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación Por Eles T.E.A. para o financiamento do “Programa de Inclusión en contextos educativos para alumnado T.E.A.”, consonte á subvención nominativa recollida no vixente orzamento municipal, por importe de 6.400,00 €.

Persoal e Recursos Humanos (1) Ratificar o acordo da Mesa Xeral de Negociación, do 11 de decembro de 2024, acadado cos sindicatos CSIF, CIG, UGT, SPPME e CCOO sobre modificación dos artigos 22 e 23 do Acordo regulador das condicións de traballo para os/as empregados/as públicos/as do Concello de Ourense, relativos aos pluses de nocturnidade e festividade

Alcaldía (1) Designar a José Ramón Conde Corbal como representante do Concello de Ourense no Padroado da Fundación Galicia Obra Social.

Avogacía Consistorial (14) A Xunta de Goberno Local deu conta de 5 sentenzas e 1 auto ditados polo Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Ourense, e dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Tamén foi informada de que o Concello comparecerá diante do Xulgado do Contencioso número 1 en 2 procedemento abreviados e en 2 ordinarios, diante do número 2 nun procedemento ordinario e noutro abreviado e diante do Xulgado de Instrución número 1 nas dilixencias previas doutro procedemento abreviado.

Fóra da orde do día (3)

Adxudicar a Prace Servicios e Obras SA o contrato das obras do proxecto de rehabilitación integral do Xardín do Posío e proxección de local destinado a actividade hostaleira, por resultar a oferta con mellor relación calidade-prezo, por un importe de 2.583.731,78 euros.
Aprobar o convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e Cruz Roja Española para o financiamento do proxecto de acollida e atención inmediata a persoas vulnerables, consonte á subvención nominativa recollida no vixente orzamento municipal, por importe de 50.000 euros.
Aprobar o convenio entre o Concello de Ourense e a asociación protectora de animais de Ourense PROGAPE para a xestión do refuxio de animais abandonados sito nas Eiroás, a recollida de animais abandonados ou aparentemente abandonados e errantes e o seu traslado ao dito refuxio ou aos lugares especialmente habilitados. O Concello destinará a este convenio unha achega de 200.000 euros.

Relacionadas

A Deputación mobilizará varios vehículos para espallar sal nas estradas provinciais ante a previsión...

0
Debido aos prognósticos das axencias meteorolóxicas por avisos de temperaturas mínimas e posibles xeadas para esta madrugada, e co fin de garantir a seguridade...

A Deputación fai efectiva a cesión da estrada de San Vicente, en Vilamartín de...

0
O presidente provincial, Luis Menor, celebrou unha xornada de traballo na comarca de Valdeorras, na que o Consorcio de Augas aprobou os orzamentos de...

A Real Banda de Gaitas ofrecerá o seu tradicional concerto de Nadal na igrexa...

0
Este evento terá lugar o vindeiro 27 de decembro ás 18.30 horas, e se retransmitirá tamén por streaming, é “un dos símbolos indiscutibles do...

O Concello de Ourense dálle o nome oficial de glorieta da Policía Nacional á...

0
Alcalde e corporación municipal asistiron ao descubrimento da placa que recolle a denominación da rotonda O Concello súmase así á celebración do 200 aniversario da...

O desfile de Papá Noel ocasionará restricións puntuais de tráfico o sábado pola tarde

0
O desfile de Papá Noel que terá lugar o sábado, 21 de decembro, polo centro da cidade, requirirá pechar ao tráfico de vehículos a...

A Deputación de Ourense, única administración pública de Galicia que obtén unha subvención de...

0
O Ministerio de Industria e Turismo comunicou a aprobación do proxecto “Ourense preto de ti”, así como a súa subvención ao 100%, dentro do...

Publicacións Relacionadas