Home A Coruña O Concello de Fene prepárase para a X edición da San Silvestre,...

O Concello de Fene prepárase para a X edición da San Silvestre, que este ano terá lugar en San Valentín

- Anuncio -

A tradicional carreira celebrarase o 28 de decembro, e contará con categorías para todas as idades

As inscrición estarán abertas até o día 23 de decembro en carreirasgalegas.com

O Concello de Fene organiza a X edición da Carreira San Silvestre, que este ano, como novidade, trasládase a San Valentín. A cita será o sábado 28 de decembro, a partir das 17:00 horas, dando comezo coa categoría biberóns. Haberá probas para todas as idades, desde pitufos até a categoría absoluta, pasando polas categorías Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14, Sub 18, e os xa nomeados biberóns.

As inscricións permanecerán abertas até as 23:59 horas do 23 de decembro a través da web www.carreirasgalegas.com. A retirada de dorsais poderá realizarse o día anterior á carreira, o 27 de decembro, no Salón de Plenos do Concello, en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, ou o propio día da carreira no Pavillón A Xunqueira.

Adán Chao, concelleiro de Deportes, animou á veciñanza a participar nesta cita: “A San Silvestre é unha oportunidade perfecta para despedir o ano facendo deporte e desfrutando dunha xornada en familia. Convidamos a todas e todos a unirse e vivir o ambiente festivo que caracteriza esta proba”.

Logo de dez edicións, a San Silvestre de Fene consolídase como un dos eventos deportivos máis destacados do Nadal na comarca, promovendo a actividade física e a convivencia nunha data tan especial.

Relacionadas

Maxestuosa actuación do alumnado da Escola Municipal de Danza co Crebanoces

0
A elevada calidade artística do alumnado da Escola Municipal de Danza quedou patente unha vez máis esta tarde en Mera, no Auditorio Gabriel García...

Juan Ignacio Borrego, na visita do CLIAC á Cociña Económica: “Pola súa empatía, as...

0
A rapazada que integra o Consello Local da Infancia da Coruña visitou esta tarde as instalacións do comedor social na rúa Socorro, acompañados polo...

O BNG de Oleiros preguntará no vindeiro pleno polas novas analíticas que declaran...

0
Após o tanque de tormentas, de 4 millóns de euros, continúa como zona vetada ao baño Falaba a  Xunta da Galiza aló polo ano de...

O Concello de Carballo duplica o número de minipuntos limpos de proximidade para facilitar...

0
Os novos puntos, situados nos barrios da Milagrosa, O Chorís e O Hospital-San Cristovo, inclúen por primeira vez un depósito específico para material escolar O...

A cabalgata de Papá Noel percorrerá o luns toda Neda para chegar aos nenos...

0
A cita, organizada polo Concello terá lugar o luns 23 de decembro, ao longo de toda a xornada A continuación, terá lugar a tradicional recepción...

Circo e xadrez en San Sadurniño… e avance da programación da fin de semana

0
A Casa da Cultura encheuse esta mañá de risas e números abraiantes coa Gala de Circo que nos ofreceu Culturactiva. Un espectáculo organizado polo...

Publicacións Relacionadas