Home A Coruña A Biblioteca Municipal acollerá este sábado a presentación do libro de Fina...

A Biblioteca Municipal acollerá este sábado a presentación do libro de Fina Paulos e Óscar Rey ‘Intelixencia artificial para a sociedade’

- Anuncio -

 O acto está organizado polo departamento de Cultura do Concello de Ponteceso, e terá lugar ás 17:00 horas coa presenza dos autores da obra.

A Biblioteca Municipal de Ponteceso acollerá este sábado a presentación do libro de Fina Paulos e Óscar Rey ‘Intelixencia artificial para a sociedade’. Comezará ás 17:00 horas da tarde e o acto estará precedido dun coloquio sobre a utilidade práctica da IA na vida cotiá.
Trátase do primeiro libro en galego que fala da intelixencia artificial para as persoas desde unha perspectiva educativa, amena e práctica. Os autores buscan con esta publicación darlle unha oportunidade de achegarse ao eido da intelixencia artificial a todas as persoas que non son expertas na materia desde unha perspectiva amable, pensada para todo tipo de público.
As persoas que acudan a esta presentación poderán coñecer como se leva a cabo un proceso automático de valoración de analíticas, reparación fotográfica e son, creación de menús saudables ou aprender a conversar cunha IA facéndolle preguntas específicas.
Os autores son profesionais cunha ampla experiencia en innovación educativa e no uso ético da intelixencia artificial. Teñen participado en proxectos destinados a fomentar o impacto positivo desta ferramenta na sociedade, promovendo valores como a igualdade, o respecto e a ética.

Relacionadas

O BNG apoia as reivindicacións da ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira

0
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) manifesta o seu apoio ás demandas da Asociación de Nais e Pais Santa Uxía do CEIP O Grupo de...

Convenio entre o Concello e o Grupo de Investigación en Cambio Ambiental da UDC...

0
As primeiras actividades desenvolveranse este mes, dentro do programa Medrando con Apego e na II Feira do Día da Muller e a Nena na...

Ponteceso adicará a totalidade dos fondos do POS a financiar gasto corrente

0
O goberno local indica que “o único que pretende é mellorar a saúde da casa de todos os pontecesáns”. O Concello de Ponteceso celebra mañá...

Camariñas destina 470.000 euros do Plan Único a diferentes obras e gasto corrente

0
● O goberno local levará mañá, mércores (16:30 horas), a pleno a proposta para a súa aprobación. ● Os proxectos son: a segunda fase da...

O bus de doazón de sangue de ADOS recalará este venres pola tarde en...

0
A Unidade Móbil de Doazón de Sangue visitará Neda o venres 7 de febreiro. Durante toda a tarde, de 15:30 a 21:00 h, permanecerá...

María Rivas pon en valor a mellora na seguridade cidadá da Laracha, cunha baixada...

0
 A subdelegada e máis o alcalde, José Manuel López, repasaron os datos de seguridade no concello, que melloraron con respecto ao ano pasado ...

Publicacións Relacionadas