A elevada calidade artística do alumnado da Escola Municipal de Danza quedou patente unha vez máis esta tarde en Mera, no Auditorio Gabriel García Márquez, co espectáculo do Crebanoces. Foi unha función grandiosa, digna de artistas profesionais.
Con esta maxestuosa actuación amosouse o talento dos rapaces e rapazas participantes e a calidade do ensino que o Concello ofrece a toda a cidadanía, especialmente á xuventude, a través desta escola; que dispón dun excelente profesorado extraordinariamente dirixido por Lara Fenoll.