A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe nas instalacións do Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo ao tradicional brinde de Nadal da entidade. No transcurso do acto Sánchez aproveitou para desexar ás persoas socias “unhas festas cheas de felicidade e un 2025 cargado de saúde e éxitos”.