O alcalde Ricardo Martínez aproveitará estes actos da fin de semana para felicitarlle as festas á veciñanza
O concello de Portas vivirá unha fin de semana intensa que servirá de antesala da celebración do Nadal. Así, mañá venres 20 de decembro entregaranse os galardóns aos gañadores do concurso de decoración no que se premiará a iluminación máis orixinal, á composición máis reciclada e á máis orixinal e máis artística.
O acto de entrega de premios do concurso Decora o Teu Fogar, que está organizado polos Comerciantes de Portas, contará coa presenza do alcalde, Ricardo Martínez, e celebrarase na Casa da Cultura Domingo Fontán, en Porta do Conde.
O sábado 21 de decembro ás 19 horas terá lugar o Concerto de Nadal, no Auditorio Municipal da Azucreira de Portas no que participarán o coro da ESMU Portas, a Banda Infantil ESMU Portas e a Banda de Música Unión de Lantaño.
Completará as actividades da fin de semana a actuación de Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro cos seus “Cánticos de Luz e Nadal” dentro do programa de “Entradiñas de Aninovo-Concertos de Nadal” que pon en marcha a Deputación de Pontevedra, en colaboración co Concello de Portas.
A actuación comezará ás 18:30 horas do domingo 21 de decembro no auditorio municipal da Azucreira e asistirá o alcalde, Ricardo Martínez, quen aproveitará para felicitarlle aos veciños e veciñas do municipio estas festas de Nadal e o Aninovo 2025.