Home Xunta de Galicia A Xunta pon en valor os máis de 800 proxectos de éxito...

A Xunta pon en valor os máis de 800 proxectos de éxito apoiados ao abeiro do programa Retorno emprendedor para seguir impulsando o tecido empresarial galego

- Anuncio -
  • O titular de Emprego salienta as oportunidades que ofrece o talento retornado para consolidar Galicia como un referente estatal e europeo no eido do emprendemento vinculado ao territorio, avalado xa co galardón a Rexión Emprendedora Europea 2025
  • O Executivo galego xa investiu desde o ano 2013 máis de 5,3 M€ nesta iniciativa, aos que se sumará 1 millón máis contando cos orzamentos de 2025, e que está enmarcada dentro do apoio ao emprendemento realizado a través da rede de polos
  • Ata o momento, e con achegas que poden chegar ata os 10.000 por beneficiario, xa se apoiaron iniciativas procedentes de retornados de 40 países, en sectores como a hostalaría, o comercio, a Industria ou o deseño
  • José González destacou a asesoría que de xeito complementario lles ofrece o programa Merlo para o éxito dos seus negocios, incluíndo mentoría e asesoramento en áreas como a comunicación, a administración ou as finanzas

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, clasurou esta mañá un encontro con beneficiarios do Programa Merlo, unha iniciativa impulsada pola Xunta co obxectivo de proporcionar mentoría e acompañamento aos galegos retornados beneficiarios para crear e consolidar as súas propias empresas en Galicia.

González puxo en valor que a asesoría que ofrece Merlo complementa as axudas do Programa Retorno Emprendedor, que ten como finalidade promover o autoemprego e a actividade emprendedora deste colectivo. Precisamente vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia (DOG) a ampliación do orzamento deste ano nun 25% para cubrir a alta demanda desta liña de axudas, que en 2024 favorecerá a 150 persoas con apoios que poden chegar ata os 10.000 euros por beneficiario.

Durante a súa intervención, o titular de Emprego salientou a importancia deste programa para seguir enriquecendo o mercado laboral galego coa experiencia e as capacidades dos galegos retornados e dos seus descendentes, así como para garantir a necesaria remuda xeracional. Cun investimento desde o ano 2013 de máis de 5,3 millóns de euros —aos que se sumará 1 millón máis contando cos orzamentos de 2025– ata o momento xa se apoiaron máis de 800 proxectos postos en marcha por galegos retornados procedentes de 40 países dos 5 continentes. Así mesmo, o conselleiro subliñou o grao de diversidade e innovación das iniciativas empresariais respaldadas pola Xunta, relacionadas coa hostalaría, o comercio, a Industria 4.0, a enxeñaría, a fabricación ou o deseño. Tamén salientou as oportunidades que ofrece o talento retornado para impulsar o emprendemento na Galicia non urbana, destacando que ao abeiro deste programa se están creando empresas na mesma proporción tanto nas vilas pequenas como nas cidades, contribuíndo así ao equilibrio territorial polo que tamén avoga a Xunta.

Como complemento ás axudas económicas do Programa Retorno Emprendedor, xorde a iniciativa Merlo, na que participan cada ano arredor dun centenar de persoas e a través da que se ofrece mentorización, apoio e asesoramento personalizando en cuestións clave no éxito dos seus respectivos proxectos, como dirección e planificación, comunicación e márketing, administración e finanzas ou tecnoloxía e vendas.

Emprendemento ligado ao territorio

José González reafirmou a aposta estratéxica da Xunta por consolidar Galicia como un referente estatal e europeo no eido do emprendemento vinculado ao territorio —avalado xa co galardón como Rexión Emprendedora Europea 2025– e para o cal os galegos e galegas retornados son un piar absolutamente fundamental.

Neste marco, lembrou o papel da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego despregada por toda Galicia e con 15 oficinas repartidas actualmente por diferentes vilas e cabeceiras de comarca. Así, explicou que é unha ferramenta clave da que tamén poden facer uso os emprendedores retornados. De feito, dos 3.000 proxectos atendidos a día de hoxe pola Rede, un 20% están impulsados por persoas de fóra e Galicia.

Estratexia Galicia Retorna

Galicia é pioneira a prol das políticas de retorno, fundamentais para facer fronte ao reto demográfico e dar resposta a desafíos como a cobertura de vacantes. No marco da Estratexia Galicia Retorna, a Xunta busca a atracción de perfís altamente cualificados a través das Bolsas BEME, cuxa 9ª convocatoria se aprobou esta semana no Consello da Xunta, que permiten á mocidade do exterior completar a súa formación académica en Galicia para posteriormente inserirse no mercado laboral ou valorar o emprendemento.

Na folla de ruta, tamén destaca o Programa Retorna Cualifica Emprego, cuxa segunda edición se atopa actualmente en marcha cun orzamento de 2,3 millóns de euros co obxectivo de beneficiar uns 200 residentes no exterior menores de 55 anos deica finais de 2025 ou as así como axudas extraordinarias para establecerse en Galicia, das que xa se beneficiaron 4.500 familias cun orzamento global de 13 millóns de euros.

Relacionadas

A Xunta mellora o Centro Ocupacional e de día do concello de Valga cun...

0
As actuacións son o resultado dos convenios de colaboración asinados entra ambas administracións no 2024Ademais das obras realizadas, concedeuse unha achega para a compra...

As súas Maxestades de Oriente repartirán ledicia e agasallos a pacientes e meniños no...

0
Coa organización e patrocinio da Asociación Cultural O Chopo, durante a mañá do vindeiro domingo 5 de xaneiro, os doentes ingresados nos andares do...

Galicia consolida a internacionalización do destino e roza os 7 millóns de viaxeiros nos...

0
O turismo internacional continúa medrando consolidando un peso do 31% e superando por primeira vez os 4 millóns de noitesOs datos do INE feitos...

A Xunta prevé o pago de máis de 15M€ aos colexios de avogados e...

0
― O Diario Oficial de Galicia publica as ordes para o cuarto trimestre de 2024 e os tres primeiros de 2025 para compensar a...

A Xunta remata as obras parta estender a rede de saneamento en varias parroquias de Coirós, cun investimento de máis de 850.000...

0
As actuacións, cofinanciadas pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, consistiron na execución de 16 novos treitos de colector que...

López Campos amosa o compromiso da Xunta co patrimonio  e infraestruturas culturais de Boqueixón

0
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, amosou hoxe o “total compromiso” da Xunta de Galicia co patrimonio cultural do concello...

Publicacións Relacionadas