Home Deputacións Deputación Ourense Luis Menor destaca a Pilar Cernuda, Premio Carlos Casares de Xornalismo 2024,...

Luis Menor destaca a Pilar Cernuda, Premio Carlos Casares de Xornalismo 2024, como “parte fundamental da historia xornalística e da política da España dos últimos 50 años”

- Anuncio -

O presidente provincial enxalzou no Casino Antelano á gañadora deste galardón como unha das xornalistas pioneiras da democracia, vivindo en primeira persoa os feitos máis relevantes da política española, “e que sempre se caracterizou pola súa discreción, ponderación e rigor. Pola súa excelsa profesionalidade, co respecto dos seus compañeiros”

Tamén abundou Menor na necesidade, en tempos da posverdade, “reivindicar aos profesionais que defenden o rigor, a ética xornalística e que predican co exemplo no seu día a día, escribindo as crónicas que configuran a historia do noso país”

A xornalista Pilar Cernuda – García Lago é, desde hoxe, Premio Carlos Casares de Xornalismo. Ao acto de entrega desta distinción, que tivo lugar no Casino Antelano de Xinzo de Limia asistiu o presidente provincial, Luis Menor, quen lembrou que esta semana foi “importante” para o xornalismo da provincia, comezando coa entrega do XXXIII Premio Carracedo, que anualmente entrega a Deputación, e que recaeu en Luis Álvarez Pousa; e culminando coa entrega deste galardón recuperado polo Concello de Xinzo en honra dun dos seus veciños máis ilustres, o escritor Carlos Casares.

Na súa intervención, Luis Menor destacou a Pilar Cernuda como “parte fundamental da historia xornalística e da política da España dos últimos 50 anos”, lembrando que foi unha das xornalistas pioneiras da democracia, vivindo en primeira persoa os feitos máis relevantes da política española, “e que sempre se caracterizou pola súa discreción, ponderación e rigor. Pola súa excelsa profesionalidade, co respecto dos seus compañeiros”.

Tamén quixo compartir Luis Menor as súas reflexións sobre a situación actual do xornalismo, en tempos da chamada “posverdade”, ao fío do expresado o martes polo Premio Carracedo 2024, Luis Álvarez Pousa, -quen defendeu daquela a “vocación de servizo” dos profesionais que exercen o xornalismo con ética e compromiso-. Así, Menor, analizou que nestes tempos onde é complicado discernir a verdade do que non o é pola proliferación de diferentes canais “é máis necesario que nunca reivindicar aos profesionais que defenden o rigor, a ética xornalística e que predican co exemplo no seu día a día, escribindo as crónicas que configuran a historia do noso país”.

Relacionadas

O Concello pon en marcha unha nova edición do proxecto Convívere, con dez obradoiros...

0
As persoas interesadas poden inscribirse até o 16 de xaneiro A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense inicia unha nova edición do Proxecto Convívere, con...

A Cabalgata de Reis de Ourense ocasionará cortes de tráfico o domingo pola tarde...

0
A celebración da Cabalgata de Reis 2025 de Ourense requirirá levar a cabo cortes de tráfico en varias rúas da cidade o vindeiro domingo,...

A Deputación organiza este sábado na Lama e Oia dous novos concertos do ciclo...

0
Dania Diva (na Lama) e o dúo formado por Emilio Rúa e Xosé Carlos Caneiro (en Oia) ofrecerán dúas actuacións como parte do programa...

A Deputación pon a disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia...

0
Como novidade, os concellos poderán financiar investimentos de carácter plurianual, para seguir tendendo pontes de colaboración cos concellos e facilitar a execución de investimentos...

Luis López expresa os desexos da provincia para un “2025 extraordinario” cun vídeo no...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, expresa os desexos da provincia para o novo ano nun vídeo no que escribe a carta...

A Deputación leva o programa +Escénicas de novo a Forcarei coa función “Palabras” de...

0
A peza, para público familiar, poderá verse no auditorio de Soutelo de Montes o próximo sábado 4 de xaneiro ás 19:30 horas +Escénicas trátase dun...

Publicacións Relacionadas