Hoxe tivo lugar a presentación desta iniciativa do Grupo Municipal de Teatro que o seu director, Óscar Romero leva tempo pensando en levala á práctica.
Á presentación asistiron: a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla, o director do Grupo Municipal de Teatro, Óscar Romero, o técnico de promoción cultural do Concello de Ribeira, Unai González máis membros do propio grupo.
A concelleira informou que a “Canción de Nadal” se interpretará o vindeiro luns 23 a partir das 21:15 h no Auditorio Municipal con entrada de balde.
O radioteatro (sinónimo de radionovela e tamén chamado radio comedia, comedia radiofónica, teatro radiofónico ou audiodrama) é un tipo de contido radiofónico de contido teatral ou fantástico. Ao carecer de compoñentes visuais, os radioteatros dependen do diálogo, a música e os efectos de son para axudar ao oínte para imaxinar a historia, A radionovela tivo un gran desenvolvemento entre 1920 e 1940 converténdose nunha forma de entretemento popular a nivel mundial. Coa chegada da televisión, a mediados do século XX decaeu progresivamente.
Romero explicou que a representación da obra “Canción de Nadal” é algo moi propio destas datas e que levaba tempo pensado nunha idea que consiste en fundir o espírito da propia obra e mesturala cunha radionovela con selo contemporáneo. Explicou que a representación durará sobre unha hora e terá moitos efectos sonoros (200 pasos de audio) propios das radionovelas das cales se declara fan.
Os asistententes animaron á veciñanza a presenciar esta obra clásica do Nadal revisada de forma comtemporánea polo Grupo Municipal de Teatro de Ribeira.