HomePontevedraPonte CaldelasNava Castro, e Andrés Díaz, visitan o Belén costumista de Antonio Varela...

Nava Castro, e Andrés Díaz, visitan o Belén costumista de Antonio Varela e Marisol Peso instalado na Rectoral do Sagrado Corazón de Ponte Caldelas

- Anuncio -spot_img

Destacaron a beleza e a meticulosidade das pezas expostas ao tempo que felicitaron á Cultural de Forzáns por conservar a tradición belenista utilizando material reciclado

A deputada delegada de Turismo da Deputación Provincial de Pontevedra, Nava Castro, e o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, visitaron esta mañá o Belén Artesanal de estilo costumista, deseñado por Antonio Varela e Marisol Peso e que está instalado na Casa Rectoral do Sagrado Corazón de Ponte Caldelas.

Durante a visita estiveron acompañados polo cura párroco, Benito Vázquez, o presidente da Asociación Cultural O Torreiro de Forzáns, Antón Xil, entidade promotora desta iniciativa, e por membros da Corporación Municipal de Ponte Caldelas.

Nava Castro destacou a importancia que están a supoñer este tipo de iniciativas que recuperan a tradición belenistas e que se converten nun motor de dinamización do mundo rural polo Nadal. Ademais, felicitou a Antonio Varela e Marisol Peso, autores do Belén, e sinalou o rexurdir da tradición belenista en Galicia que se traduce en que cada vez máis composicións de Nadal se incorporan á guía que realiza a Xunta de Galicia para darlles visibilidade e fomentar a súa visita xerando tamén neste sentido un movemento de persoas que contribúen a dinamizar a economía dos lugares onde se expoñen composicións belenistas.

O Belén artesanal que acolle esta ano a rectoral do Sagrado Corazón de Ponte Caldelas é de estilo costumista e ten unha superficie que supera os 30 metros cadrados empregándose 96 horas na súa montaxe final e incontables na súa elaboración.

Antonio Varela é un belenista consagrado, residente en Parada e colaborador habitual da Cultural de Forzáns, e é moi coñecido por ser o responsable do deseño e elaboración do Belén de grandes dimensións que cada ano se expón na Comandancia da Garda Civil en Pontevedra.

Os seus desexos de expoñer a arte belenista en Ponte Caldelas inspiraron a colaboración entre a Cultural de Forzáns e a Unidade Pastoral de Ponte Caldelas para que unha creación súa e de Marisol Peso estea exposta durante o periodo de Nadal na Rectoral do Sagrado Corazón de Ponte Caldelas en horario de martes a venres de 18 a 20 horas, os sábados de 11 a 14 horas e os domingos de 11:30 a 14 horas. A entrada é libre e gratuíta.

UN BELÉN ARTESANAL DE GRANDES DIMENSIÓNS: MÁIS DE 1.000 PEZAS, UNHA DUCIA DE ESCENAS, DOUS RÍOS CON AUGA EN MOVEMENTO E DETALLES MINIMALISTAS REALIZADOS CON GRAN COIDADO E ESMERO

O Belén artesanal tradicional con motivos costumbristas ten máis de 1.000 pezas, máis de 200 delas son figuras, e está elevado sobre un relieve montañoso. Recrea, ademais do famoso Castelo de Herodes, unha ducia de escenas que recollen ademais do Nacemento, dous ríos con auga en movemento, unha fervenza e unha ponte, unha praza do pobo, unha fonte, actividades de labranza, sementado de campos e viñedos, palleiros, porcos, galiñas, animais domésticos, un mercado, panadería, taberna, pousada, un muíño, etc.

As casas están feitas a man con total realismo e sobresaen as tellas feitas, unha a unha, cun coidado absoluto e cun nivel de precisión extraordinario. Tamén é de salientar a decoración vexetal, os sendeiros e camiños e toda a composición que acada unha beleza extraordinaria.

MATERIAIS RECICLADOS QUE TEÑEN UNHA SEGUNDA VIDA NO BELÉN

As edificacións presentes no Belén están feitas a man con total realismo e sobresaen os destalles levados a cabo con sumo coidado e cun nivel de precisión extraordinario. Tamén é de salientar a decoración vexetal, os sendeiros e camiños e toda a composición que acada unha beleza única e sorprendente xa que todo el está feito de materiais reciclados que teñen así, a través da arte belenista, unha segunda vida. Esta característica foi tamén especialmente destacada por Nava Castro que agradeceu as explicacións sobre o proceso de elaboración do Belén.

Publicacións Relacionadas