Home Xunta de Galicia Vaca Films remata a gravación da longametraxe ‘Dímelo Bajito’, rodada en Galicia...

Vaca Films remata a gravación da longametraxe ‘Dímelo Bajito’, rodada en Galicia co apoio da Xunta

- Anuncio -

— O proxecto recibe unha achega de 300.000 euros a través do fondo para a atracción de rodaxes, dotado polo Goberno galego con 2M€ para a súa convocatoria de 2024

— Dirixida por Denis Rovira, a fita leva á pantalla un guión de Jaime Vaca a partir da novela de Mercedes Ron e estrearase en Amazon Prime Video en 2025

A produtora coruñesa Vaca Films rematou en Galicia a gravación da película Dímelo bajito, despois de sete semanas de traballo en diferentes espazos da Coruña e Lugo que serven de localizacións para esta longametraxe coproducida coa plataforma Amazon Prime Video e que conta cunha achega de 300.000 euros do fondo de atracción de rodaxes convocado pola Xunta.

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, compartiu co equipo da película unha das últimas xornadas de filmación no set instalado no encoro das Forcadas, no municipio de Valdoviño. Esta é unha das paraxes que acolle as escenas da película xunto a contornas naturais como as Fragas do Eume, o Bosque de Ledoño-Celas de Peiro, a presa de Cecebre e outros espazos en vilas das provincias da Coruña e Lugo, como Bergondo, Outes, Perbes, Ourol ou Viveiro.

Con dirección de Denis Rovira, Dímelo bajito é un guión de Jaime Vaca sobre a novela homónima de Mercedes Ron. Alicia Falcó, Fernando Líndez e Diego Vidales protagonizan este drama de personaxes cun elenco que completan Patricia Vico, Andrés Velencoso, Eve Ryan, Fernado Nagore e mais a galega Celia Freijeiro, entre outros. A súa estrea está prevista en Prime Video en 2025.

O apoio do Goberno galego ao proxecto materialízase a través da liña de axudas para a atracción de rodaxes, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027. Na súa convocatoria de 2024, este fondo conta cunha dotación de 2.000.000 euros co obxectivo de impulsar a proxección do noso territorio como plató de producións audiovisuais lideradas tanto por empresas galegas como do resto de España e Europa. Ao tempo, garántese un gasto mínimo no territorio galego por cada proxecto subvencionado, que se sitúa en 1.000.000 de euros no caso das produtoras galegas e en 1.500.000 euros no das foráneas. Ademais de Dímelo bajito, as rodaxes das longas Romería e Rondallas, e das series Garbo e Marusía acadaron xa tamén financiamento a través desta canle.

Relacionadas

O Diario Oficial publica hoxe as novas inclusións e actualizacións de méritos nas bolsas...

0
Trátase da relación refundida e actualizada das persoas integrantes das listas correspondentes ás subescalas de Secretaría-intervención, Secretaría e Intervención-tesourería O Diario Oficial de Galicia publica...

Máis de 5.000 persoas benefícianse das axudas da Xunta para mercar bicicletas eléctricas de...

0
— O Goberno galego destinou 2,7 millóns de euros ao programa EBici desde o seu comezo en 2022 ata o pasado novembro, data na...

A Xunta pon en valor os establecementos distinguidos cos premios do Comercio Galego 2024

0
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou esta semana os profesionais recoñecidos con estes galardóns que outorga a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración O...

A Xunta participa na entrega dos XIII ‘Premios Rebulir da Cultura Galega’ que recoñecen...

0
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; o director xeral de Comercio...

Belén do Campo asiste ao ingreso de Rosa Cedrón na Real Academia de Belas...

0
Rosa Cedrón, nacida en Monforte de Lemos, é unha das artistas máis versátiles e influentes da música galega contemporánea A delegada da Xunta, Belén do...

Lorenzana anuncia a aprobación da primeira convocatoria deaxudas en Galicia para promover o uso...

0
Será aprobada no vindeiro Consello da Xunta, cun orzamento de 10,3 M€Lembra que, por primeira vez, o Igape conta cunha área específica de innovación...

Publicacións Relacionadas