● Instalouse unha nova para no IES Pino Manso e acometéronse melloras nas de Budiño, Mosende, Atios e Pontellas
O Concello do Porriño culminou recentemente unha serie de melloras en varias marquesiñas de autobús no municipio, con especial atención á instalación dunha nova parada na entrada do IES Pino Manso, unha intervención moi demandada pola comunidade educativa.
A nova marquesiña no IES Pino Manso, que foi completamente derrubada debido ao estado de deterioro que presentaba, renovouse cunha moderna estrutura de aceiro inoxidable (inox) de 8600 x 5000. Ademais, conta cun tellado de panel de sándwich imitación tella e un acabado interior que imita a madeira, o que non só mellora a súa funcionalidade, senón tamén a súa estética. A intervención supuxo un investimento de máis de 16.000 euros e responde á necesidade do centro educativo, que buscaba unha maior seguridade e confort para os estudantes e persoal do instituto.
Simultaneamente, levaronse a cabo traballos de reparación en doce marquesiñas de autobús situadas en diversas parroquias do municipio, en Atios, Budiño, Mosende e Pontellas. Nestas localidades reparáronse os tellados, garantindo que os usuarios e usuarias das paradas de transporte público conten coa protección necesaria ante as inclemencias do tempo. O investimento nestas reparacións superou os 18.100 euros.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, quixo destacar a importancia destas melloras: “Desde o Concello sempre traballamos para responder as necesidades da nosa comunidade, e a renovación destas marquesiñas era unha necesadide urxente e real. A do IES Pino Manso era unha das solicitudes máis insistentes da comunidade educativa, e nos enorgullece poder dar resposta a esta demanda, mellorando a seguridade e a comodidade dos nosos mozos e mozas. Seguiremos traballando para mellorar as nosas infraestruturas e garantir unha contorna máis segura e accesible para todos.”