Home A Coruña Últimas entradas para o concerto de Nadal de Carlos Núñez deste xoves...

Últimas entradas para o concerto de Nadal de Carlos Núñez deste xoves 26 no Teatro Colón

- Anuncio -

O prestixioso artista galego volve, un ano máis, á cidade nestas datas para presentar o seu espectáculo ‘Celtic Sea’

Este xoves 26 o artista de música galega máis internacional, Carlos Núñez, volverá a ofrecer un concerto especial de Nadal no Teatro Colón da Coruña. O espectáculo, que forma parte da programación de Nadal do Concello, comezará ás 20.30 horas e aínda están á venda as últimas localidades.

Como xa é tradicional por estas datas, o gaiteiro máis internacional volve a casa e fará parada na Coruña para ofrecer un concerto tan emotivo como sorprendente. Inmerso na súa xira ‘Celtic Sea’, o músico vén de percorrer países como Irlanda, Escocia, Francia e Estados Unidos para presentar o seu proxecto, que chegou a lugares emblemáticos como a catedral St. Patrick’s en Dublín, o Glasgow National Concert Hall, o Festival Interceltique de Lorient, a illa de Tatihou en Normandía e o Kaufman Music Center de Nueva York.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, destacou “a aposta do Goberno de Inés Rey polos artistas e intérpretes da nosa terra, visible na programación cultural que oferta o Concello ao longo de todo o ano, e na que contamos tanto con valores emerxentes da escea musical galega como por artistas consagrados, como é o caso de Carlos Núñez”.

As entradas para asistir á actuación de Carlos Núñez no Teatro Colón pódense adquirir a través de Ataquilla, no despacho de billetes da praza de Ourense e no propio teatro o día da actuación. Os custos dos pases van dos 18 aos 34 euros, en función da localidade escollida. Cómpre lembrar que haberá descontos especiais: do 20% para as persoas posuidoras do Carné Xove, maiores de 65 anos ou en situación de desemprego, e do 25% para familias numerosas.

Relacionadas

Entrega das cestas dos concursos de embelecemento do Nadal de Ribeira

0
Hoxe déronse cita no Centro Cultural Lustres Rivas os concursantes gañadores das diferentes modalidades do Concurso de Embelecemento do Nadal, para a entrega das...

A Xunta licita por 910.000€ a segunda fase da rehabilitación integral do Colexio CEIP Francisco...

0
— A obra inclúe o cambio de fiestras, o illamento térmico da fachada e obras de reorganización do centro, entre outras melloras — Enmárcase na...

A Xunta licita por máis de 1,6M€ a rehabilitación integral do ColexioPedro Barrié de la...

0
— A obra inclúe o cambio de cuberta e o illamento térmico da fachada, entre outras actuacións para mellorar a eficiencia enerxética do centro —...

O concurso de panxoliñas “María Angeriz Tuset” celebrarase mañá ás 18:00 horas na Casa da Cultura

0
Repartiranse máis de 2.000 euros en premios. A Casa da Cultura da Laracha acollerá mañá sábado a partir das 18:00 horas unha nova edición do...

Os Reis Magos chegarán o día 5 á cidade con carroza da Boa Estrela...

0
A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, adiantou esta mañá en rolda de prensa algún dos detalles trasladados polos propios Reis Magos sobre a tradicional...

As políticas do Goberno municipal permiten a creación de 36 novas vivendas de protección...

0
Ademais das 150 vivendas de protección que se van construír mediante cooperativas de veciños e veciñas, vanse edificar outros 36 pisos protexidos que se...

Publicacións Relacionadas