Home A Coruña Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de...

Xunta e Concello de Ribeira destacan a calidade dos produtos frescos de proximidade

- Anuncio -

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, o rexedor, Luís Pérez, o segundo tenente de alcalde, Franciso Suárez, a concelleira de Promoción Económica Genoveva Betanzos e o presidente da Asociación de Empresarios, Francisco Martínez, realizaron unha visita ao mercado municipal para promover os produtos frescos de proximidade e animar á poboación a consumir nos comercios da localidade.

O alcalde agradeceu a visita argumentando que “é un motivo de alegría que dende a Xunta de Galicia veñan a Ribeira para recoñecer a calidade dos produtos frescos como o peixe e o marisco”. Pérez Barral argumentou que é necesario que todas as administracións vaiamos da man para potenciar o comercio de proximidade ao tempo que se promove a calidade dos seus produtos”.

Aposta de Riberia polo comercio local

Luís Pérez manifestou o compromiso do Goberno local polo comercio e a hostalaría da localidade. Neste sentido o Concello está a facer unha forte aposta polo comercio local, achegando 45.000 euros anuais á Asociación de Empresarios para a promoción do comercio de proximidade e tamén dende as concellerías de Cultura, Festexos, Mercados e Promoción Económica estase a facer un forte investimento neste Nadal para que a veciñanza de Ribeira poida gozar de máis de medio cento de actividades tanto no centro urbano como nas parroquias.
“Dende o Concello estamos invistindo máis de 250.000 euros para que a veciñanza teña todo tipo de actividades, lúdicas, culturais e festivas promovendo que as rúas estean cheas de vida, e polo tanto, para que o comercio local reluza de dinamismo nestas datas”.

Para finalizar Barral animou á veciñanza e aos visitantes a mercar en Ribeira porque ademais de levar produtos de calidade para a casa, axúdase aos veciños e veciñas xerando un impacto económico positivo na localidade.

Relacionadas

Entrega das cestas dos concursos de embelecemento do Nadal de Ribeira

0
Hoxe déronse cita no Centro Cultural Lustres Rivas os concursantes gañadores das diferentes modalidades do Concurso de Embelecemento do Nadal, para a entrega das...

A Xunta licita por 910.000€ a segunda fase da rehabilitación integral do Colexio CEIP Francisco...

0
— A obra inclúe o cambio de fiestras, o illamento térmico da fachada e obras de reorganización do centro, entre outras melloras — Enmárcase na...

A Xunta licita por máis de 1,6M€ a rehabilitación integral do ColexioPedro Barrié de la...

0
— A obra inclúe o cambio de cuberta e o illamento térmico da fachada, entre outras actuacións para mellorar a eficiencia enerxética do centro —...

O concurso de panxoliñas “María Angeriz Tuset” celebrarase mañá ás 18:00 horas na Casa da Cultura

0
Repartiranse máis de 2.000 euros en premios. A Casa da Cultura da Laracha acollerá mañá sábado a partir das 18:00 horas unha nova edición do...

Os Reis Magos chegarán o día 5 á cidade con carroza da Boa Estrela...

0
A concelleira de Festas, Pilar Lueiro, adiantou esta mañá en rolda de prensa algún dos detalles trasladados polos propios Reis Magos sobre a tradicional...

As políticas do Goberno municipal permiten a creación de 36 novas vivendas de protección...

0
Ademais das 150 vivendas de protección que se van construír mediante cooperativas de veciños e veciñas, vanse edificar outros 36 pisos protexidos que se...

Publicacións Relacionadas