A Escola Provincial de Gaitas celebra a súa actuación mañá, a partir das 18.30 horas, cunha homenaxe a cantora Blandina González Rodríguez, de Cotarós (Trives)
A igrexa de Santa María dos Remedios de Larouco acollerá mañá, venres 27 de decembro a partires das 18.30 horas, o tradicional concerto de Nadal a cargo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Trátase dun dos símbolos indiscutibles do Nadal en Ourense, grazas ao labor da Escola Provincial de Gaitas que dirixe Xosé Lois Foxo.
A Escola Provincial de Gaitas homenaxeará durante o concerto a unha das voces máis importantes de Galicia: Blandina González Rodríguez, cantora de Cotarós (Trives).