Home A Coruña Corenta nenos e nenas desfrutaron da sexta edición do Pequetrail de Lousame,...

Corenta nenos e nenas desfrutaron da sexta edición do Pequetrail de Lousame, a segunda máis concorrida da súa historia

- Anuncio -

Un total de corenta nenos e nenas, de entre 5 e 16 anos, tomaron parte na quinta edición do Pequetrail de Lousame, disputado na tarde do pasado sábado. As baixas temperaturas non minguaron a participación nunha edición que se converte na segunda máis concorrida da curta historia desta proba, só superada polos 57 participantes do ano 2022.

O Pequetrail desenvolveuse na contorna do polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra sobre unhas distancias e cun percorrido adaptado ás idades dos nenos e nenas participantes. Os primeiros en saír foron os máis pequenos, os Sub-8 que percorreron algo máis de 500 metros, algúns deles acompañados polos seus pais ou nais. Despois saíron os sub-10, en cuxa saída houbo moitas bromas sobre as identificación das cores que delimitaban o circuíto debido a que o ano pasado unha parella se despistou e, no cano de facer os 1.000 metros que lles tocaban, remataron correndo máis de 3 quilómetros. Desta vez non houbo confusión e chegaron á meta cos seus compañeiros.

Finalmente, tocoulles a quenda aos cadetes e xuvenís, que percorreron uns 7 km. Aínda que ningunha das probas era competitiva e todos os participantes recibiron a mesma medalla de agasallo, a rapidez coa que a parella de xuvenís realizou a proba fixo que dende a organización os convidaran a participar de forma gratuíta no trail curto deste domingo, previa consulta cos seus adestradores. Unha proba que pecha hoxe inscricións e que supera xa os 400 inscritos.

Entrega de medallas

A concelleira de Deportes, Mariel Agrafojo, e a concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, foron as encargadas de entregarlles as medallas a todos os participantes, así como unhas lambonadas e un pequeno avituallamento con auga e froita para repoñer forzas. A proba foi organizada polo Concello de Lousame e contou coa colaboración de GADIS, a rede de Voluntariado lousamiá, o Club de Atletismo Lousame, a Cruz Vermella de Noia e Protección Civil de Lousame.

Relacionadas

O Goberno municipal e as Policías Local e Nacional reúnense coa veciñanza para abordar...

0
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, presidiu hoxe unha reunión na que participaron o concelleiro de Mobilidade e Convivencia, Xan Duro; membros das Policías Local e...

O BNG esixe ao Goberno galego cubrir de inmediato as prazas médicas en Ribeira...

0
O Bloque Nacionalista Galego rexistra novas iniciativas no Parlamento de Galiza para instar ao Goberno galego a atender con urxencia a grave situación sanitaria...

A Coruña acolle o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16 masculino,...

0
O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, recibiu ao presidente da FGF, Pablo Prieto, na cidade deportiva da Torre – Arsenio Iglesias A Coruña será a...

O Concello licita o servizo de atención ás persoas sen fogar no Centro Social...

0
Os pregos do contrato establecen un horario de atención de 20.00 a 12.00 horas, con énfase no acompañamento ás persoas usuarias e tamén nos...

Detectados en só tres horas cinco positivos en drogas nun control de tráfico conxunto...

0
Policía Local e Garda Civil de Carballo realizaron este martes un control de tráfico conxunto, na liña de colaboración que veñen mantendo ámbolos dous...

Presentado o Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub 14 e sub 16 en...

0
O torneo terá lugar do 7 ao 9 de febreiro, sendo o campo municipal de Gallamonde unha das sedes. O Concello de Miño acolleu hoxe...

Publicacións Relacionadas