Home Xunta de Galicia Rueda destaca o éxito do programa Xuntos polo Nadal que este ano...

Rueda destaca o éxito do programa Xuntos polo Nadal que este ano permite que 270 maiores que pasen estas festas en acompañía

- Anuncio -

 A través de estadías 100% gratuítas, os participantes pasan desde Noiteboa ata Reis nas residencias do Carballiño e Panxón

 Asegura que é unha forma de “devolver un pouco” de todo o que os maiores “aportaron” á sociedade ao longo da súa vida

 Agradece o labor de todos os traballadores e voluntarios por facer posible que se leve a cabo este programa

 O Goberno autonómico reforza o seu compromiso de atender as necesidades das persoas maiores, así como de fomentar o envellecemento activo e combater a soidade non desexada

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe o éxito do programa Xuntos polo Nadal, que este ano permite que 270 persoas maiores que viven soas desfruten destas datas acompañadas. “O que vos une a todos é as ganas de pasar as festas en compañía e pasándoo ben”, indicou o titular do Goberno autonómico.
Durante unha visita a residencia de Tempo Libre de Panxón -na que pasan as festas 140 maiores- e acompañado da conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, Rueda subliñou que se trata dunha iniciativa con máis de 20 anos de historia coa que a Xunta busca “devolver un pouco do moito” que “aportaron os maiores” á sociedade ao longo da súa vida. Ademais, agradeceu o labor de todos os traballadores e voluntarios por facer posible que se leve a cabo.
Xuntos polo Nadal é un programa dirixido aos maiores de 60 anos para que poidan desfrutar dunha estancia con pensión completa gratuíta neste centros e participar en diferentes actividades como baile, ximnasia, obradoiros ou excursións. Así, a través de estadías 100% gratuítas, os participantes pasan desde Noiteboa ata Reis nas residencias de Tempo Libre do Carballiño e Panxón (Nigrán).
Fomento do envellecemento activo
A Xunta leva anos comprometida con atender as necesidades dos maiores, así como de fomentar o envellecemento activo e combater a soidade non desexada. Nesta liña, cómpre salientar a futura Estratexia Galega de Atención á Soidade non Desexada na que está a traballar o Executivo autonómico con entidades sociais e concellos, así como iniciativas como o Carné +65 que permite desfrutar de descontos en servizos, establecementos ou lecer; a gratuidade no transporte público da Xunta para os maiores de 65 desde o pasado mes de xaneiro; ou as aulas sénior e convenios coas tres universidades para aquelas persoas que queiran seguirse formando.

Relacionadas

A Xunta licita por 910.000€ a segunda fase da rehabilitación integral do Colexio CEIP Francisco...

0
— A obra inclúe o cambio de fiestras, o illamento térmico da fachada e obras de reorganización do centro, entre outras melloras — Enmárcase na...

A Xunta licita por máis de 1,6M€ a rehabilitación integral do ColexioPedro Barrié de la...

0
— A obra inclúe o cambio de cuberta e o illamento térmico da fachada, entre outras actuacións para mellorar a eficiencia enerxética do centro —...

A Xunt destaca en IYImeeting 2024 o seu compromiso coa atracción e retención de talento investigador

0
— A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participa na inauguración da XV Edición da Reunión de Mozos Investigador@s no Estranxeiro — Subliña...

A Xunta destinará 11,7 m€ a axudar ás entidades locais a optimizar a xestión...

0
Ángeles Vázquez explica que 9,2 M€ financiarán iniciativas municipais relacionadas coa recollida separada de biorresiduos e residuos especiais como aceites ou téxtilesAo abeiro desta...

A Xunta fomenta o consumo responsable entre a rapazada de Beade co gallo do...

0
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe na localidade ourensá de Beade unha das accións da Escola Galega de Consumo...

Os pacientes oncolóxicos da Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés poderán retirar...

0
A Dirección de Enfermaría dispuxo a distribución dun total de 40 contedores especiais para residuos citotóxicos e citostáticos nos centros de saúde e Puntos...

Publicacións Relacionadas