Home A Coruña O concurso de panxoliñas “María Angeriz Tuset” celebrarase mañá ás 18:00 horas na Casa da...

O concurso de panxoliñas “María Angeriz Tuset” celebrarase mañá ás 18:00 horas na Casa da Cultura

- Anuncio -

Repartiranse máis de 2.000 euros en premios.

A Casa da Cultura da Laracha acollerá mañá sábado a partir das 18:00 horas unha nova edición do concurso de panxoliñas “María Angeriz Tuset”.

O certame é organizado cada ano polo Concello. Convídase a participar ás asociacións culturais e coros parroquiais do municipio. Faise no marco do programa municipal de Nadal cos obxectivos fundamentais de fomentar o espírito destas datas e apoiar economicamente ás entidades participantes.
Nesta ocasión haberá cinco participantes: dous deles representarán á Asociación Cultural Santa María de Torás, Coro de Vilaño, Asociación Cultural Montemaior e a unión dos coros Xuvenil Santa María de Torás e As Salseiras de Caión.
A dinámica do concurso será idéntica á das edicións anteriores. Cada grupo participante interpretará unha única panxoliña e o xurado decidirá os premios baseando a súa decisión en aspectos como a calidade musical e a posta en escena. Durante a deliberación do xurado, a espera será amenizada coa actuación do mago David Maestro.
Polo feito de participar, cada grupo ten garantida unha gratificación de 200 euros, á que se engadirá o galardón que acorde outorgar o xurado. Están establecidas catro categorías de premios dotadas con 400, 300, 250 e 200 euros respectivamente. Por tanto, prevese repartir máis de 2.000 euros en premios.
A entrada á Casa da Cultura para asistir ao concurso como público é libre e gratuíta.

Relacionadas

Seis grandes intérpretes locais, xuntos para un concerto único na igrexa parroquial de San...

0
Este domingo 29 de decembro a partir das 12:00h na igrexa de Santa María a Maior do Rosario San Sadurniño é terra de artistas. Levámolo...

Os novos carrís bici en Novo Mesoiro e o istmo da Pescaría incrementan a...

0
A concelleira de Infraestruturas e Mobilidade, Noemí Díaz, lembrou que a aposta do Goberno de Inés Rey por iniciativas como BiciCoruña permitiu, só neste...

Inmenso agradecemento do Concello ás persoas que se mobilizaron na procura do veciño desaparecido

0
Sobre as 9:30 horas desta mañá foi atopado con vida o veciño de Dorneda desaparecido desde o pasado xoves. Minutos máis tarde foi trasladado...

Accidente de tráfico cunha persoa falecida en Carnota

0
Os bombeiros do parque provincial de Cee foron alertados durante esta tarde dun accidente de tráfico ocurrido no Km. 28 da AC-550 en Lira,...

A Feira Doce encherá de novo a carpa da Praza do Concello con actividades...

0
12+1 postos de repostaría e artesanía, 15 obradoiros e unha ampla oferta musical dinamizarán a última fin de semana do 2024 Carballo estrea esta fin...

Entrega das cestas dos concursos de embelecemento do Nadal de Ribeira

0
Hoxe déronse cita no Centro Cultural Lustres Rivas os concursantes gañadores das diferentes modalidades do Concurso de Embelecemento do Nadal, para a entrega das...

Publicacións Relacionadas