Home Vigo Baiona A Xunta levará a Baiona no verán a mostra itinerante da Cidade...

A Xunta levará a Baiona no verán a mostra itinerante da Cidade da Cultura sobre O Camiño Portugués

- Anuncio -

— López Campos destaca que as terras do Baixo Miño teñen un “especial protagonismo” nesta exposición con imaxes desta ruta de 35 fotógrafos de ambos dous lados da Raia

— O responsable de Cultura do Goberno galego salienta o “grande éxito” nas anteriores exhibicións nas cidades de Santiago, Vigo e Tui “con máis de 32.000 visitantes”

A Xunta levará no verán a Baiona a exposición O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e terra da Cidade da Cultura, que recompila imaxes desta Ruta Xacobea, a través da ollada de 35 fotógrafos de ambos dous lados da Raia. Así o anunciou hoxe o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, na visita que realizou á Biblioteca municipal deste concello pontevedrés, onde salientou o “grande éxito” rexistrado pola mostra “con máis de 32.000 visitantes” durante a súa itinerancia ao longo destes dos últimos anos desde o Museo Centro Gaiás, en Santiago de Compostela, ao Museo do Mar de Galicia, en Vigo ata á Sala de Exposicións do Edificio Francisco Sánchez, en Tui.

O responsable de Cultura do Goberno galego lembrou que esta exposición está enmarcada no Plan de Itinerancias da Cidade da Cultura “para expandir a programación do Museo Centro Gaiás por de toda Galicia” e fixo fincapé no “especial protagonismo” nesta mostra das terras do Baixo Miño.

71 instantáneas da paisaxe e patrimonio entre Porto e Santiago
O Camiño Portugués. Lembranzas de mar e terra amosa, a través de 71 instantáneas dos séculos XIX, XX e XXI, as realidades, paisaxes e patrimonio da ruta xacobea que unen as cidades do Porto e Santiago de Compostela. Con esta finalidade recolle, entre outras, fotografías históricas tiradas no primeiro terzo do século XX por Pacheco, José R. Seco, José Moreira ou o fotógrafo alemán Otto Wunderlich, quen retratou a vida, as xentes e as paisaxes da España dos anos 20.

A estas imaxes súmanse olladas antigas e contemporáneas da bisbarra e dos pobos lindeiros da fronteira portuguesa, como as que achegan José Gouveia Gomes Junior, Roberto de la Torre, Carmenchu Alemán, Antón Buciños, José Suárez ou Modesto Martínez, entre outros.

Relacionadas

A Cabalgata de Reis de Soutomaior manterase para o domingo pola tarde tendo sempre...

0
• O alcalde, Manu Lourenzo, está en permanente comunicación coas Súas Maxestades e con Meteogalicia de tal xeito que o concello manterá a cabalgata...

Os deseños gañadores do III Concurso de Postais de Nadal reflexan a identidade local...

0
● Uxía Rodríguez, Adriana Mouriño e Cloe González foron as gañadoras das tres categorías coas súas postais O Concello do Porriño entregou hoxe os premios...

A Xunta inicia un proxecto piloto dun sistema de retransmisión de imaxes en tempo...

0
A iniciativa combina a incorporación dun dron cautivo, a instalación de sensores en vehículos e o uso dunha plataforma centralizada para a xestión das...

A Deputación ofrece no Museo de Pontevedra un obradoiro gratuíto de fabricación de xoguetes

0
A actividade para todos os públicos, enmarcada na exposición “É tempo de xogar”, permanecerá aberta ata o próximo martes 7 de xaneiro durante todo...

A Cabalgata de reis de Oia adiántase ao 4 de xaneiro

0
O Concello de Oia informa de que, debido as previsións meteorolóxicas, a tradicional Cabalgata de Reis adiántase ao día 4 de xaneiro, cando as...

A Deputación leva o programa +Escénicas a Agolada co espectáculo infantil “O galo Quirico...

0
A peza, para público familiar, poderá verse nos Pendellos o próximo domingo 5 de xaneiro ás 18:00 horas +Escénicas trátase dun novo programa da institución...

Publicacións Relacionadas