HomePontevedraPoioUn orzamento sen investimentos e con recortes nos servizos públicos.

Un orzamento sen investimentos e con recortes nos servizos públicos.

- Anuncio -spot_img

O BNG en Poio afirma que “Angel Moldes presenta un orzamento que bloquea os proxectos estratéxicos de Poio para os  vindeiros anos e estrangula os servizos públicos”.  

Marga Caldas, voceira do grupo municipal do BNG en Poio, presenta as emendas aos orzamentos 2025 co obxectivo de  reforzar as partidas destinadas a proxectos estratéxicos para Poio.  

Expón que se trata dunhas emendas “que recollen proxectos estratéxicos para Poio que estaban en trámite como o contrato  do ciclo da auga para dar abastecemento a veciñanza de Vilariño e Fragamoreira, e que foron paralizados polo actual goberno sen reserva de partida orzamentaria para abrir un novo proceso. Reclama investimentos para a modificación  puntual da bolsa de terreos adquiridos na antiga Canteira de Graña para construír o novo centro de saúde e tamén para  equipamentos deportivos.  

Tamén demanda partidas para rehabilitar as pistas de Monte Baldío de Raxó e lembra que só precisa iniciar a fase de  licitación ao quedar os trámites canalizados no anterior mandato. Solicita un investimento de 60.000 euros para establecer  un convenio de colaboración coa Comunidade de Montes de Samieira que permita desenvolver o Centro Deportivo base  do ciclismo en Río de Bois. Nesta mesma materia propón a construción do parque infantil en Samieira que o PP  comprometeu facer cando estaba na oposición e que non contempla inversión para o 2025” 

Critican a falta de coherencia por parte do goberno do PP que lidera Ángel Moldes ao “anunciar un presuposto onde se  reducen ás partidas do gasto corrente( educación, medio ambiente, deportes e vías e obras sofren recortes con respecto  ao anterior orzamento 2024) e aumentase r a partida de órganos de goberno e publicidade” 

O BNG pide tamén dotar de partidas orzamentarias o Plan Xeral de Ordenación Municipal cun investimento de 30.000  euros para finalizar o novo documento. Neste sentido piden que se reduza o gasto dos órganos de goberno ou actividades  protocolarias ou publicidade” 

Marga Caldas incide en que Moldes anunciar unha baixada de impostos para o 2026 a costa de suprimir os servizos básicos  da veciñanza de Poio. Actualmente existe un abandono xeneralizado en todos os servizos públicos e os informes de  intervención advirten que a situación empeorará nos próximos anos dado que terán que recortarse partidas no orzamento.

Publicacións Relacionadas