Home Pontevedra Baixo Miño Receita perfecta para a tarde de Reis co espectáculo familiar ‘Máis saaabor!’

Receita perfecta para a tarde de Reis co espectáculo familiar ‘Máis saaabor!’

- Anuncio -

Cita este 5 de xaneiro ás 17.00 h na Praza do Calvario

O vindeiro 5 de xaneiro a Praza do Calvario converterase nun gran escenario para recibir o food truck máis divertido e saboroso de Galicia, ‘Máis saaabor!’, un espectáculo cómico e musical pensado para o público familiar que promete deixar un bo sabor de boca como antesala perfecta para a esperada recepción aos Reis Magos.

Este espectáculo, protagonizado por Fran Rei e Félix Rodríguez, mesturará música en directo, maxia, humor, moito ritmo e a participación do público para ofrecer unha experiencia inesquecible. Nel, dous recoñecidos chefs, ofrecerán ao público un gorentoso e equilibrado menú, unha comida moi musical para toda a familia nunha visita cómica ao mundo dos fogóns para promover o achegamento á cociña, a alimentación saudable e o consumo de produtos de proximidade. 

Ao longo de 65 minutos, ‘Máis saaabor!’ trae ao Calvario un food truck de grandes dimensións do que xurdirán infinidade de actividades cómicas, xogos máxicos e unha che ade elementos e trebellos cos que cociñar música. Un menú degustación con propostas dos cinco continentes que deixará a todo o público cun moi bo sabor de boca e con gañas de repetir.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, anima a toda a veciñanza “a gozar desta actividade perfecta para pasar un bo rato antes de recibir aos Reis Magos e vivir unha tarde chea de risas, ilusión e alegría”. O espectáculo comezará ás 17.00 horas e, ao seu remate, procederase á recepción oficial aos Reis Magos. Ademais, haberá pintacaras e chocolate quente para as persoas que o desexen.

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Publicacións Relacionadas