Home Ourense A execución de obras requirirá pechar ao tráfico a Avenida das Caldas...

A execución de obras requirirá pechar ao tráfico a Avenida das Caldas desde o martes, 7, até o venres, 17 de xaneiro

- Anuncio -

As obras que executa a Xunta de Galicia na Avenida das Caldas ocasionarán restricións de tráfico desde o vindeiro martes, día 7, até o venres, 17 de xaneiro.

O martes, 7, comezarán os traballos de demolición e escavación da vía principal, que requirirán pechar ao tráfico desde o 7 ao 10 de xaneiro o treito superior e inferior da Avenida das Caldas. Deixaranse libres para a circulación de vehículos o treito máis próximo á Alameda, coas súas conexións coa Avenida de Santiago, Basilio Álvarez e Vicente Risco; e tamén a conexión entre a rúa Ribeira de Canedo e a Rúa Ribeiriño.

A segunda fase dos traballos realizarase durante a seguinte semana (desde o luns, 13, até o venres, 17) e consistirá no fresado e asfaltado da vía principal e a súa conexión coa Avenida de Santiago. Esta fase requirirá realizar un corte total de tráfico da Avenida das Caldas.

Tanto durante a primeira como durante a segunda fase das obras, permitirase o acceso puntual a garaxes

As obras forman parte do proxecto de eixo de mobilidade sostible que está a executar a Xunta de Galicia, no treito comprendido entre a estación intermodal e a Ponte Vella.

Autobuses urbanos

Os traballos tamén afectarán ao servizo de autobuses urbanos xa que desde que se produza o corte de tráfico, os vehículos que se dirixan ao centro da cidade seguirán un percorrido alternativo, polas rúas Euloxio Gómez Franqueira, cunha parada á altura da farmacia, Xesús Pousa e Basilio Álvarez. Este cambio afectará ás liñas 12: Estación de autobús antiga – Pazo e 25B: Estación de autobús antiga – Residencia.

Relacionadas

Pazolandia consolídase como a gran cita do Nadal en familia da provincia con preto...

0
Segundo as estatísticas de asistencia elaboradas polo Servizo de Deportes da Deputación, un 10% das persoas que desfrutaron de Pazolandia procedían de fóra de...

O goberno municipal cualifica de “éxito total” a programación de actividades de Nadal na...

0
O alcalde destaca que “todos os eventos tiveron unha participación impresionante e o colofón foi a cabalgata, multitudinaria e moi vistosa” Gonzalo Jácome resalta o...

Recepción do alcalde aos Reis Magos na estación de tren

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e a concelleira de Artes e Festexos, Noa Rouco, recibiron na estación de tren os Reis Magos,...

A Cabalgata de Reis de Ourense sairá mañá ás 18.00 h desde o Pavillón...

0
O Concello activa este plan alternativo á vista das previsións de intensas chuvias para mañá á tarde A finalidade do cambio é acadar as mellores...

A execución de obras requirirá pechar ao tráfico a Avenida das Caldas desde o...

0
As obras que executa a Xunta de Galicia na Avenida das Caldas ocasionarán restricións de tráfico desde o vindeiro martes, día 7, até o...

O Concello ofrecerá en directo a xeolocalización da Cabalgata de Reis a través da...

0
O Concello de Ourense ofrecerá en directo a través da súa páxina web e da aplicación móbil a xeolocalización da Cabalgata de Reis que...

Publicacións Relacionadas