Home Pontevedra Baixo Miño Unha viaxe foto a foto polas festas do Rosal

Unha viaxe foto a foto polas festas do Rosal

- Anuncio -

Seis fotógrafos retratan as diferentes festividades do municipio nunha nova edición do calendario anual do Concello

Este 2025 chega cargado de tradición e identidade para O Rosal. O Concello volve ofrecer a veciños e veciñas de xeito gratuíto o seu tradicional calendario anual, que chega a súa quinta edición cun auténtico percorrido visual polas festas do municipio. A través da ollada de seis fotógrafos locais, o almanaque deste ano amosa a riqueza cultural e festiva que define os barrios e parroquias rosaleiras.
“Este calendario é moito máis que un agasallo de Nadal, é un testemuño visual da nosa identidade como municipio. A través das imaxes que capturan as nosas festas podemos ver e sentir a forza das nosas tradicións”, subliñou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís. A rexedora quixo dar as grazas ás e aos fotógrafos participantes “por achegar as súas lentes e a súa sensibilidade para plasmar a esencia de cada unha das nosas festas”.
Cada mes o calendario representa unha festa diferente do municipio, ofrecendo unha experiencia visual única por algunhas das celebracións máis emblemáticas do Rosal. O almanaque é un compedio visual que capta a enerxía, as cores e os momentos dende o Entroido de Novás ata a San Silvestre, pasando pola Feira do Viño, a Festa do Pilar ou as de Fornelos, da Saúde, San Gregorio, San Xián, Martín, A Magdalena, de San Miguel ou a romaría de San Martiño. Se ben non están todas, xa que algunhas coinciden no mesmo mes.
As imaxes foron tomadas polos fotógrafos rosaleiros Alberte Pereira, Luis Dorado, Fernando Carrera Pereira, Emilio Baz, Ana María González Pombal e Jesús Domínguez, quen souberon captar con precisión o espírito de cada unha das festas. A súa ollada única achega unha visión íntima e auténtica das festividades que dan vida ao Rosal.
En total serán 2.500 exemplares que comezarán a repartir de balde os Reis Magos o vindeiro 5 de xaneiro durante a súa visita aos barrios. Ademais, os calendarios tamén estarán dispoñibles no Concello para todas aquelas persoas que desexen obter un.
A alcaldesa destacou que “ao longo de cinco edicións, este calendario consolidouse como unha ferramenta para preservar e divulgar as nosa contorna, o noso patrimonio e as nosas tradicións. E, nesta edición, tamén é unha forma de recoñecer o traballo dos nosos veciños e veciñas, que son os que realmente manteñen vivas estas festas e tradicións”.

Relacionadas

Redondela presenta ao comercio local o plan para facer peonil o casco histórico

0
- A restrición do tráfico nas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral busca “mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas,...

Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible...

0
O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I...

O BNG de Vigo afea a impostura do PP coa nova A-52: “Din rexeitala...

0
A fronte nacionalista pide aos populares que “deixen de xogar á confusión” coa ampliación da autovía, lembrando que non se opuxeron á aprobación provisional...

O Concello de Mos optará a unha liña de crédito da Xunta para acometer...

0
A Comunidade de Propietarios desta urbanización privada reembolsaría a posteriori, en diversas cuotas, a inversión realizada, para así liquidar o préstamo A alcaldesa de Mos,...

O PP profunda no aumento das cifras de criminalidade en Pontevedra e relaciónao coa...

0
• Pardo solicita a activación do Consello Local de Seguridade para que “se adopten medidas urxentes para reverter o incremento de delitos”, ao mesmo...

A Xunta avanza para copletar este verán a humanización da Avenida de Galicia no...

0
― A Administración autonómica está a actuar nun treito de 2 quilómetros para impulsar a mobilidade segura e sostible e que suporán un investimento...

Publicacións Relacionadas