Home Deza Agolada A Deputación leva o programa +Escénicas a Agolada co espectáculo infantil “O...

A Deputación leva o programa +Escénicas a Agolada co espectáculo infantil “O galo Quirico e os seus amigos” de Seisdedos Marionetas Tradicionais

- Anuncio -

A peza, para público familiar, poderá verse nos Pendellos o próximo domingo 5 de xaneiro ás 18:00 horas

+Escénicas trátase dun novo programa da institución provincial, dotado con 150.000 euros, que espallará unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra leva este domingo 5 de xaneiro o circuíto +Escénicas a Agolada coa obra teatral infantil “O galo Quirico e os seus amigos”, a cargo da compañía Seisdedos Marionetas Tradicionais. A peza, para público infantil, poderá verse nos Pendellos a partir das 18:00 horas no marco desta pioneira iniciativa cultural da institución provincial, dotada de 150.000 euros, que está a levar unha completa programación de teatro e danza en 49 concellos da provincia ata marzo de 2025.

“O galo Quirico e os seus amigos” presenta o conto popular do mesmo nome xunto con algúns números de marionetas tradicionais, no que os espectadores poderán participar cantando e danzando. A posta en escena do espectáculo contará con monicreques e un teatriño de cartón, con música en directo interpretada polo acordeonista Carlos Quintá.

Co circuíto +Escénicas, a Deputación busca dar resposta á demanda que o sector profesional ven facendo dende hai máis de 15 anos. Ao abeiro do programa a cada concello correspóndelle unha achega máxima de 3.400 euros e para a súa posta en marcha a institución provincial lanzou un amplo catálogo de espectáculos de danza e teatro que está dispoñible na páxina web da Deputación de Pontevedra.

Relacionadas

Pazolandia consolídase como a gran cita do Nadal en familia da provincia con preto...

0
Segundo as estatísticas de asistencia elaboradas polo Servizo de Deportes da Deputación, un 10% das persoas que desfrutaron de Pazolandia procedían de fóra de...

A Deputación ultima o prazo para solicitar os máis de 200 obradoiros da nova...

0
O programa provincial de formación para as mulleres da provincia ten un orzamento superior aos 320.000 euros e ofrecerá accións centradas na tecnoloxía, a...

A Cabalgata de Reis de Soutomaior sairá esta tarde ás 18:00h.do Cruce de Pierres

0
O alcalde, Manu Lourenzo, mantivo esta mañá unha reunión urxente coas Súas Maxestades, e ambos acordaron manter a Cabalgata de Reis para esta tarde...

A Deputación comeza as actividades do Ano Castelao no Museo de Pontevedra cunha visita...

0
As actividades desenvolveranse na tarde do 7 de xaneiro, día no que se compren 75 anos da morte do artista e intelectual galeguista O Museo...

A Deputación renova o programa Voando nas Rías Baixas, con sete rutas ornitolóxicas durante...

0
Da man de SEO/BirdLife, as actividades comezarán o próximo 2 de febreiro en Nigrán e, como novidade, inclúese unha nova ruta pola costa sur...

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

Publicacións Relacionadas