Home Xunta de Galicia A Xunta inicia un proxecto piloto dun sistema de retransmisión de imaxes...

A Xunta inicia un proxecto piloto dun sistema de retransmisión de imaxes en tempo real para optimizar a coordinación e a resposta para optimizar a coordinación e a resposta en emerxencias

- Anuncio -
  • A iniciativa combina a incorporación dun dron cautivo, a instalación de sensores en vehículos e o uso dunha plataforma centralizada para a xestión das imaxes capturadas
  • Trátase dunha proba que busca avaliar a viabilidade e efectividade desta tecnoloxía na mellora da prevención de riscos e na capacidade de resposta ante situacións críticas

A Xunta, a través da Axencia Galega de Emerxencias (Axega), avanza na súa aposta pola innovación tecnolóxica no ámbito das emerxencias coa posta en marcha dun proxecto piloto para testar un sistema avanzado de retransmisión e tratamento de vídeo en tempo real. Este novo proxecto combina a incorporación dun dron cautivo, a instalación de sensores en vehículos e o uso dunha plataforma centralizada para a supervisión e xestión das imaxes capturadas.

A proba, que busca mellorar a coordinación e a capacidade de resposta en situacións de emerxencia, inclúe un dron cautivo equipado con cámaras de alta resolución e con alta resistencia á meteoroloxía adversa. Está conectado a unha plataforma de suxeición que lle permite operar de xeito ininterrompido a máis de cen metros de distancia, e que é compatible co resto de drons cos que conta a Axega.

Ao mesmo tempo, instálanse sensores e sistemas de retransmisión en catro vehículos de primeira intervención dos parques de Bombeiros do Porriño, da mancomunidade de Celanova e de Valença do Minho, así como do GES de Ponteareas. Así, dúas cámaras exteriores equiparán cada un dos camións e disponse o equipamento interno necesario para a transmisión de vídeo en alta resolución, o que permitirá observar o entorno durante as intervencións e facilitará a toma de decisións.

As imaxes captadas son visualizadas a través dunha plataforma centralizada, deseñada para procesar, gravar en tempo real e almacenar contido multimedia durante períodos prolongados de tempo. Esta ferramenta, que posibilita a xestión remota das cámaras, é compatible cos sistemas empregados actualmente pola Axega, garantindo unha integración eficiente e a súa adaptación a evolucións tecnolóxicas futuras.
Avaliación da viabilidade e das aplicacións
Cómpre destacar que esta iniciativa é exclusivamente unha fase de proba, destinada a avaliar a viabilidade e as posibles aplicacións deste sistema no ámbito da emerxencia. A adopción desta tecnoloxía por parte da Xunta responde ás necesidades de vixilancia, detección temperá de incidencias e avaliación de situacións de risco, o que garante unha mellor coordinación e eficiencia na protección civil. Deste xeito, confírmase o compromiso do executivo autonómico e da Axega coa innovación e a seguridade da cidadanía ante os retos do futuro.
Esta iniciativa de innovación forma parte do proxecto de Asistencia Transfronteiriza de Emerxencias no marco do POCTEP 2021-2027 (ATEMPO) e está cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Interreg España-Portugal.

Relacionadas

A Xunta formaliza o contrato para a executar as obras da plataforma flotante do Parrote,...

0
― Esta intervención singular foi adxudica por 2,5M€ e será executada pola Xunta en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, co obxectivo de habilitar...

A Xunta facilita que case 300 alumnos de 23 institutos de toda Galicia acrediten o...

0
— Esta acción é froito dun acordo pioneiro entre a Xunta e o Instituto Camões que non ten ningunha outra comunidade autónoma — Os seleccionados...

A Xunta visita máis dunha trintena de centros educativos con máis de 2.000 alumnos para...

0
A Escola Galega de Consumo —dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración— vén de impulsar obradoiros no marco do programa Infonadal en 13...

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvias no oeste da Coruña

0
― Cómpre lembrar que se mantén desde esta tarde o nivel de aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e en Pontevedra ―...

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día...

0
O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro O...

O Servizo Galego de Saúde destina máis de 3,7 M€ a realizar máis de...

0
 Fabricáronse 1.500 doses de radiofármacos extra e fixéronse 4.100 informes adicionais das unidades móbiles de resonancias magnéticas  A sanidade pública dispón así de...

Publicacións Relacionadas