Home Xunta de Galicia Un total de 36 centros educativos intercambian boas prácticas docentes na fase...

Un total de 36 centros educativos intercambian boas prácticas docentes na fase autonómica do programa Observa_Acción

- Anuncio -
  • A Xunta impulsa desde hai dez cursos esta iniciativa baseada na observación do traballo na aula que permite as docentes coñecer outras realidades e replicalas
  • Favorécese o traballo en equipo do profesorado con intereses compartidos e mesmo se abre a porta á colaboración con centros doutras CCAA ou países

Un total de 36 centros educativos galegos intercambiarán boas prácticas docentes ao abeiro da fase autonómica do programa Observa_Acción da Xunta, unha iniciativa impulsada pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP que fomenta a aprendizaxe conxunta entre o profesorado a través do intercambio de experiencias e a observación entre iguais.

O programa, moi valorado polo profesorado, configúrase como un modelo de formación baseado na observación tanto a nivel interno dos propios centros como en colaboración con outros de dentro e de fóra de Galicia. Isto permite aprender novas estratexias de ensinanza, novos enfoques pedagóxicos e xestión da aula. Isto é, a través da súa participación no programa, os docentes coñecen e comparten outras realidades educativas que despois poden aplicar nos seus colexios e institutos.

Internacionalización

En concreto, o intercambio permite experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros, ao tempo que se facilita aos docentes a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación ou vías de xestión dos recursos propios e alleos que desenvolven outros centros e impúlsase o traballo en equipo.

Ademais, favorece a internacionalización na medida en que se abren as portas a proxectos transfronteirizos, tecendo redes de intercambio tanto entre docentes como entre equipos directivos de centros con proxectos comúns que propician o apoio mutuo e permanente.

Dúas fases do programa

O programa, enmarcado nas accións de formación do profesorado do Goberno galego, organízase nun itinerario de dous cursos escolares. Ao longo do primeiro curso, desenvólvese a fase autonómica, que vén de resolverse agora e que é obrigatoria para todos os centros participantes. Esta fase divídese á súa vez na etapa Comparte, de observación entre docentes do mesmo centro educativo, e a etapa Acolle, de observación entre centros da nosa comunidade.

No segundo curso desenvolverase a fase interautonómica ou Fase Internacional sendo voluntaria para os centros que a elixan. Na fase interautonómica, a observación realizarase entre equipos docentes con centros educativos doutras comunidades autónomas (Castela e León, Madrid, Estremadura, Aragón, A Rioxa, Murcia e Cantabria) e na fase internacional a observación consistirá na colaboración con centros educativos doutros países asociados (Escocia, Francia, Portugal, Italia, Finlandia, Estonia, Lituania e Alemaña, entre outros).

Os centros seleccionados para a fase autonómica son os reflectidos na seguinte táboa:

PROVINCIA DA CORUÑA
AMESCEIP A Maía
AMESCEIP Agro do Muíño
CAMBRECEIP Plurilingüe Graxal
CAMBRECEIP Portofaro
CERDIDOCEIP da Barqueira
CORISTANCOCRA A Tarandeira
CULLEREDOCEIP Plurilingüe Vila de Rutis
CULLEREDOIES Eduardo Blanco Amor
FERROLIES Concepción Arenal
MAÑONCEIP Francisco López Estrada
NARÓNCEIP Plurilingüe Ponte de Xubia
ORDESCEIP Campomaior
PADRÓNCRA de Dodro Padrón
POBRA DO CARAMIÑALEEI Fernández Varela
PONTECESOIES Eduardo Pondal
PONTEDEUMECEIP Plurilingüe de Andrade
RIANXOCRA de Rianxo
SANTIAGO DE COMPOSTELACEIP Plurilingüe de Vite
ZASIES Maximino Romero de Lema
PROVINCIA DE LUGO
ANTAS DE ULLACEIP Plurilingüe Antas de Ulla
BALEIRACEIP Plurilingüe Concepción López Rey
GUITIRIZCEIP Plurilingüe Lagostelle
NADELACEIP Plurilingüe de Nadela
RIOTORTOCEIP de Riotorto
VILALBACEIP Terra Chá
PROVINCIA DE OURENSE
RIÓSCEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira
PROVINCIA DE PONTEVEDRA
A ESTRADACEIP Cabada Vázquez
BAIONAIES Primeiro de Marzo
BUEUCEIP Plurilingüe A Pedra
FORCAREICEIP de Soutelo de Montes
FORNELOS DE MONTESCEIP Doutor Suárez
MARÍNCEIP Plurilingüe do Carballal
SANXENXOCEIP Plurilingüe Nantes
SILLEDAIES Plurilingüe Pintor Colmeiro
VIGOCIFP Manuel Antonio
VIGOEEI Rúa Hernán Cortés

Un programa consolidado

Tras varios anos de funcionamento, o programaObserva_Acción consolídase con máis de 2.658 profesores e 399 centros participantes. A iniciativa implantouse por primeira vez, con carácter experimental, no curso 2016-17, con seis centros e 30 profesores. Instaurábase así unha nova vía de innovación educativa con intercambios entre docentes de distintos centros co fin de facilitar que observaran de forma directa metodoloxías, enfoques didácticos nos procesos de ensino-aprendizaxe, formas de relación e comunicación ou vías de xestión dos recursos propios e alleos que se desenvolven en colexios e institutos diferentes ao seu, fomentando a aplicación do aprendido despois nas súas aulas.

Relacionadas

Xosé Merelles destaca o éxito de ‘Nadal en Galicia’ que posiciona a comunidade como...

0
— O director de Turismo de Galicia e o delegado territorial en Lugo visitaron o Belén de Begonte — Xosé Merelles destacou que a demanda...

A Xunta destina 140.000 € ás axudas para proxectos de dinamización da área de...

0
Ángeles Vázquez subliña que poden acollerse a estas achegas os concellos de Bueu, Ribeira, Vigo e Vilagarcía de Arousa, empresas, autónomos, ONG, entidades de...

A Xunta formaliza o contrato para a executar as obras da plataforma flotante do Parrote,...

0
― Esta intervención singular foi adxudica por 2,5M€ e será executada pola Xunta en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, co obxectivo de habilitar...

A Xunta facilita que case 300 alumnos de 23 institutos de toda Galicia acrediten o...

0
— Esta acción é froito dun acordo pioneiro entre a Xunta e o Instituto Camões que non ten ningunha outra comunidade autónoma — Os seleccionados...

A Xunta visita máis dunha trintena de centros educativos con máis de 2.000 alumnos para...

0
A Escola Galega de Consumo —dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración— vén de impulsar obradoiros no marco do programa Infonadal en 13...

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvias no oeste da Coruña

0
― Cómpre lembrar que se mantén desde esta tarde o nivel de aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e en Pontevedra ―...

Publicacións Relacionadas