Home Xunta de Galicia A Xunta autoriza 114 prazas para novos profesores axudantes doutores en todas...

A Xunta autoriza 114 prazas para novos profesores axudantes doutores en todas as ramas de coñecemento das tres universidades públicas galegas

- Anuncio -
  • Por áreas, 52 prazas son para Ciencias Sociais e Xurídicas, 25 para Enxeñaría e Arquitectura, 19 para Ciencias da Saúde, 9 para Artes e Humanidade e 9 para Ciencias
  • Un total de 49 destes primeiros contratos son para a Universidade da Coruña, 42 para a de Santiago de Compostela e 42 para a de Vigo

A Xunta de Galicia vén de autorizar ás universidades públicas galegas prazas para novos 114 profesores axudantes doutores, en todas as ramas de coñecemento das tres universidades públicas galegas. Esta incorporación de persoal enmárcase no Programa María Goyri de incorporación de talento docente e investigador ás universidades públicas españolas, a través do que Galicia prevé a contratación de 166 docentes nas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña. Para iso, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destinará máis de 16M€ ata 2030.

O obxectivo deste programa é reducir a temporalidade do profesorado universitario, ámbito no que as universidades de Santiago, Vigo e A Coruña xa están moi avanzadas a nivel estatal, cuns dos cadros de persoal máis estabilizados de España grazas á boa política laboral interna desenvolvida nos últimos anos.

Convocatorias ata o 27/28

Por ramas de coñecemento, as 114 prazas distribúense do seguinte xeito:

Rama de coñecementoPrazas
Ciencias Sociais e Xurídicas52
Enxeñaría e Arquitectura25
Ciencias da Saúde19
Artes e Humanidades9
Ciencias9

No caso da Universidade da Coruña, autorízase a contratación de 30 profesores axudantes doutores. As 19 prazas restantes previstas no programa María Goyri poderán convocalas ata o fin do curso académico 2027/28.

No caso da Universidade de Santiago de Compostela, acaba de autorizarse a contratación de 32 profesores axudantes doutores, cuxos concursos xa foron resoltos ao longo de 2024. Ademais dáse luz verde para que a USC convoque outras 10 prazas este ano. As 11 restantes ata completar o total de 53 contratos previstos para esta universidade ao abeiro deste programa de talento docente e investigador poderá convocalas ata o fin do curso 2027/28.

Finalmente, na Universidade de Vigo autorízase a contratación de 39 profesores axudantes doutores e a convocatoria doutras tres prazas; mentres que as restantes 22 poderán tamén sacalas a concurso ata o remate do devandito ano académico.

Relacionadas

Xosé Merelles destaca o éxito de ‘Nadal en Galicia’ que posiciona a comunidade como...

0
— O director de Turismo de Galicia e o delegado territorial en Lugo visitaron o Belén de Begonte — Xosé Merelles destacou que a demanda...

A Xunta destina 140.000 € ás axudas para proxectos de dinamización da área de...

0
Ángeles Vázquez subliña que poden acollerse a estas achegas os concellos de Bueu, Ribeira, Vigo e Vilagarcía de Arousa, empresas, autónomos, ONG, entidades de...

A Xunta formaliza o contrato para a executar as obras da plataforma flotante do Parrote,...

0
― Esta intervención singular foi adxudica por 2,5M€ e será executada pola Xunta en colaboración coa Autoridade Portuaria da Coruña, co obxectivo de habilitar...

A Xunta facilita que case 300 alumnos de 23 institutos de toda Galicia acrediten o...

0
— Esta acción é froito dun acordo pioneiro entre a Xunta e o Instituto Camões que non ten ningunha outra comunidade autónoma — Os seleccionados...

A Xunta visita máis dunha trintena de centros educativos con máis de 2.000 alumnos para...

0
A Escola Galega de Consumo —dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración— vén de impulsar obradoiros no marco do programa Infonadal en 13...

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvias no oeste da Coruña

0
― Cómpre lembrar que se mantén desde esta tarde o nivel de aviso laranxa por temporal costeiro no litoral da Coruña e en Pontevedra ―...

Publicacións Relacionadas