Home Deputacións Deputación Pontevedra A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata...

A Deputación mantén aberta a exposición “Cines de Pontevedra” en Vigo ata o próximo venres 10 de xaneiro

- Anuncio -

A mostra pode visitarse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial e busca rememorar os recordos dos vellos cines e recupera testemuños da súa importancia social e cultural

A mostra itinerante da Deputación de Pontevedra “Cines de Pontevedra. Memoria dunha ilusión” ultima a súa estancia en Vigo. A exposición, que pode verse na sala Rosalía de Castro da sede viguesa da institución provincial ata o próximo venres, 10 de xaneiro, recupera os recordos dos vellos cinemas, aqueles de sala única que se espallaron ao longo do século XX polas cidades, vilas e localidades da provincia

Desta maneira, a mostra, promovida pola Deputación, comisariada por Jesús Ángel Sánchez e con fotografías de Xosé Castro,  recupera testemuños da importancia social e cultural que tiña ir ao cine, desde os espazos e arquitecturas que foron acollendo o espectáculo ao conxunto de actividades, prácticas sociais e relacións artelladas nos tempos en que o cine era a principal forma de ocio. Ademais de restos materiais das vellas salas e dos documentos de arquivo, as vivencias arredor do espectáculo do cinema subsisten na memoria e nos recordos das últimas xeracións que coñeceron aqueles tempos. Deste xeito, o proxecto complétase coas memorias e vivencias de persoas da provincia, un traballo para o que se realizaron máis de 500 enquisas.

Despois do seu paso por Vigo, a onde chegou despois de estar en lugares como Pontevedra, Salvaterra de Miño, A Estrada ou Sanxenxo, a exposición ten previsto continuar o seu percorrido polos concellos da provincia neste 2025.

Relacionadas

Luis López adianta ao alcalde de Tui un apoio dun máximo de 2,2M€ da...

0
O presidente provincial vén de manter un encontro institucional co rexedor Enrique Cabaleiro no que abordaron asuntos de interese mutuo para ambas as administracións O...

O Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela amplíase con imaxes de Chapela cedidas pola...

0
- José Luis Poñeiro e Pili Pazó, acompañados polo seu neto David, cederon ao Arquivo audiovisual do Concello unha trintena de fotografías da súa...

O campo de fútbol Municipal Antonio Bernárdez Gándara – Dextros camiña cara a a...

0
O Concello de Salvaterra de Miño na súa aposta pola mellora das instalacións deportivas do municipio consegue máis de 600.000 euros para o proxecto...

Luis López destaca o Gran Camiño como un novo paso adiante para consolidar á...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada provincial e alcaldesa de Marín, María Ramallo, presenta o percorrido da segunda etapa da cuarta edición desta carreira...

O BNG denuncia deficiencias nas instalacións do ximnasio e da piscina municipal

0
A chegada da choiva volve reproducir os problemas de humidade e filtración de auga nas instalacións, situación que xa foi denunciada por usuarios e usuarias hai...

A vicepresidenta da Deputación presenta o Campionato Galego de Natación Máster de Inverno que...

0
A vicepresidenta primeira e responsable de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe no Concello de Ponteareas no acto de presentación do...

Publicacións Relacionadas