Home Tabeirós Cerdedo - Cotobade A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro...

A Xunta comproba o avance das obras da nova residencia e centro de día municipais de Cerdedo-Cotobade

- Anuncio -

O Goberno galego achegou máis de 130.000 euros ao soterramento da liña eléctrica que estaba instalada na parcela na que se constrúe o centro

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, visitaron esta mañá a parcela na que se está a construír a nova residencia e centro de día municipais, situada no lugar de A Chan, en Carballedo. O obxectivo da visita foi comprobar o resultado dos traballos de soterramento da liña eléctrica, que foron financiados pola Xunta e que eran necesarios para seguir adiante coas obras do novo centro de maiores.

O Goberno galego destinou 134.000 euros a esta actuación, para a que o  pasado mes de setembro asinarase un convenio de colaboración entre as Administracións autonómica e local. O novo equipamento porá a disposición das familias 59 prazas residencias e outras 24 de atención diúrna.

Este centro completará a rede de recursos para persoas maiores que xa ten a Xunta e que están emprazados no núcleo de Cerdedo: un centro de día, un fogar residencial e a residencia inaugurada polo presidente Alfonso Rueda fai dous anos.

Relacionadas

Luis López adianta ao alcalde de Tui un apoio dun máximo de 2,2M€ da...

0
O presidente provincial vén de manter un encontro institucional co rexedor Enrique Cabaleiro no que abordaron asuntos de interese mutuo para ambas as administracións O...

O Arquivo Audiovisual do Concello de Redondela amplíase con imaxes de Chapela cedidas pola...

0
- José Luis Poñeiro e Pili Pazó, acompañados polo seu neto David, cederon ao Arquivo audiovisual do Concello unha trintena de fotografías da súa...

O campo de fútbol Municipal Antonio Bernárdez Gándara – Dextros camiña cara a a...

0
O Concello de Salvaterra de Miño na súa aposta pola mellora das instalacións deportivas do municipio consegue máis de 600.000 euros para o proxecto...

Luis López destaca o Gran Camiño como un novo paso adiante para consolidar á...

0
O presidente provincial, acompañado pola deputada provincial e alcaldesa de Marín, María Ramallo, presenta o percorrido da segunda etapa da cuarta edición desta carreira...

O BNG denuncia deficiencias nas instalacións do ximnasio e da piscina municipal

0
A chegada da choiva volve reproducir os problemas de humidade e filtración de auga nas instalacións, situación que xa foi denunciada por usuarios e usuarias hai...

Xosé Merelles destaca o éxito de ‘Nadal en Galicia’ que posiciona a comunidade como...

0
— O director de Turismo de Galicia e o delegado territorial en Lugo visitaron o Belén de Begonte — Xosé Merelles destacou que a demanda...

Publicacións Relacionadas