Home Xunta de Galicia A Xunta visita máis dunha trintena de centros educativos con máis de 2.000...

A Xunta visita máis dunha trintena de centros educativos con máis de 2.000 alumnos para fomentar o consumo responsable co gallo do Nadal  

- Anuncio -

A Escola Galega de Consumo —dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración— vén de impulsar obradoiros no marco do programa Infonadal en 13 centros da provincia da Coruña, 8 na de Pontevedra, 6 en Lugo e 5 en Ourense

Orientados a estudantes de infantil e primaria, o obxectivo é acadar futuros consumidores informados, conscientes e responsables a través da posta en valor tanto da etiquetaxe como dos mecanismos de control da seguridade de produtos

A Escola Galega de Consumo —dependente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, dentro da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración— vén de visitar un total de 32 centros educativos de infantil e primaria nos que estudan 2.027 alumnos e alumnas no marco do seu programa Infonadal. O obxectivo é iniciar a formación de futuros consumidores informados, conscientes e responsables a través da posta en valor da etiquetaxe e dos mecanismos de control da seguridade de produtos como os xoguetes.

En concreto, leváronse a cabo diversos obradoiros en 13 centros da provincia da Coruña, 8 na de Pontevedra, 6 en Lugo e 5 en Ourense. Debido a que no período de Nadal aumenta o nivel de consumo con motivo das celebracións propias destas datas e da compra de agasallos, buscábase así convidar á reflexión para fomentar entre a rapazada un consumo responsable. 

Estas accións encádranse no labor de impulso, apoio e asesoramento que leva a cabo a Escola Galega de Consumo a través de actividades de educación e formación como cursos, obradoiros, conferencias, publicacións e estudos. Nese senso, cómpre destacar que este organismo forma unhas 20.000 persoas de todas as idades cada ano, con preto de 700 actuacións.

Para formular calquera cuestión de interese no ámbito da concienciación sobre o consumo responsable pódese contactar coa Escola Galega de Consumo nos seus teléfonos (881 999 075 e 881 999 091) ou a través do correo electrónico: igc.escuela@xunta.es.

Relacionadas

Román Rodríguez destaca un investimento de máis de 1,6M€ na rehabilitación integral do Colexio CEIP Pedro Barrié...

0
— Enmárcase na segunda fase do Plan de nova arquitectura pedagóxica, que eleva a preto de 500M€ o investimento da Xunta en obras ao...

A Xunta adxudica axudas a 78 escolas de música de 67 concellos nas que estudan case 12.200 alumnos

0
Benefícianse desta liña, dotada con 265.000€, centros que dependen tanto de administracións municipais como de entidades sen ánimo de lucro Funcionan como canteira para a...

A Xunta apoia o concello de Cerdido na adquisición dun vehículo para servizos municipais

0
— O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes comprobou o funcionamento do pick-up financiado a través dun convenio co Goberno galego — O Goberno galego...

Galicia rexistra un mes de decembro cálido e moi seco

0
O avance do informe mensual de MeteoGalicia establece que foi un período moi seco xa que as precipitacións rexistradas na Comunidade foron un 55%...

A Xunta convoca axudas para actuacións de mellora das árbores e formacións senlleiras de...

0
Este financiamento pode cubrir ata o 100% do custo da actuación, cun límite de 4.500 € por árbore e de ata 8.000 € se...

A Xunta activa a alerta laranxa por chuvia no suroeste da Coruña

0
― Incídese na importancia de seguir as medidas de protección e de extremar as precaucións, e aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112...

Publicacións Relacionadas